Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2017

RECORDANDO "JESUCRISTO SUPERSTAR"

      Comenzaré diciendo que, en el lenguaje cinematográfico, las películas reciben la denominación de " textos ". Asímesmo,  dichoe lenguaje considera " escritura " a la representación gráfica de algo, y " narración " al hecho de referir ese algo. Son estos unos conceptos que se basan en el hecho, perfectamente comprobado, de que una simple imagen móvil resulta todo un compendio de la excepcional capacidad que el cine tiene para decir o narrar cosas.       Una película es, pues, un texto narrativo, y los espectadores sus lectores. No puede sorprender por ello que cada una pueda tener también distintas lecturas, en función tanto de los conocimientos como de las circunstancias de cada lector.        Así, puedo aseguraros que conozco cuatro obras de temática cinematográfica y éxito editorial, realizadas por sapientes y eruditos investigadores, una de ellas incluso de quince volúmenes, que ignora, o se limita nada más que a citar a Jesus Christ Superst

STAT SUA CUIQUE DIES, BREVE ET IRREPARABILE TEMPUS

                                                                           Cada un ten marcado o seu día;                                                                       breve e irreparable é a existencia.                                                                                         Publio Virgilio Maron (70-19 a. C.)       Cando chegaches sorprendiches a todos polos teus elevados peso e tamaño. E fuches rebelde xa dende aquel mesmo momento. Tamén nos resultou difícil conseguir que comeses. Porén mantivécheste sempre san e cheo de ledicia.      Ao ir á escola e principiarlle a dar patadas ao balón, sorprendíchesnos a todos por lle chamar "furóns" aos disparos á portería que considerabas máis fortes e poderosos que os habituais.       Estudar non parecía ser ningunha das túas prioridades na vida. O único positivo que en ti advertín foi que, a pesar de todo, asimilabas perfectamente canto ao teu arredor acontecía.         Aos sete anos fixéchesme sa

OS TRINTA ANOS DE "¡OUVEADE, NAVES DE TARSISH!"

Imagen
OS TRINTA ANOS DE “ ¡OUVEADE, NAVES DE TARSISH! ” . Debo de admitir que o único Manuel Gago do que eu sabía da súa existencia, polo menos ata o mes de abril de 2014, era o debuxante-guionista da extraordinaria saga épica “ El Guerrero del Antifaz ”, que, dende 1945, e ata os mesmos días de hoxe, asombrou a cantos tivemos o privilexio de a ler, e reler, unha e outra vez. Mais, na indicada data, mentres remexía no ordenador, e por unha auténtica casualidade, dei con ou tro Manuel Gago, -Mariño de segundo apelido-, nado en 1976 na vila de Palmeira (Ribeira), autor, investigador, profesor da USC, e un monte de cousas máis, que, o 15 de novembro do ano anterior publicara o comentario que aparece a continuación a cerca da miña obra “ ¡Ouveade, naves de Tarsish! ”. Mais tarde sabería tamén, que, aínda que non me lembraba del, xa tivéramos ocasión de nos coñecer persoalmente había algún tempo. Curiosamente, a fotografía que ilustra a súa análise, na que aparece nas miñas mans un libro q

DE GRANDES E DE PEQUENAS PANTALLAS

           DE  GRANDES E DE  PEQUENAS  PANTALLAS      Estamos seguros de non descubrir África, –o berce da humanidade-, se afirmamos que o Cine é unha arte que compendia recursos e caracteristicas doutras moitas artes. Calquera filme, por cativo que sexa o  presuposto co que conte, esixe, en primeiro lugar, un texto axeitadamente construído e documentado, e despois, ademáis de certas cuestións poucas veces perceptibles, coma contar con actores capaces de encarnar aos personaxes que nel actúan, unha cámara que capte tanto os movementos e expresions, por ínfmas que estas sexan, tales coma o inmovilismo, ou os silencios, que se pretenden dar a coñecer, ademais dun sonido e unha música que complementen o que as escenas están a representar. Así mesmo deberá de contar tamén  cun director, ou directores, coa necesaria capacidade  para artellar e darlle vida a canto vimos de indicar, de xeito que lle resulte auténtico e crible aos espectadores.      É de suma importancia tamén que o co

ULYSSES EN GALICIA

 ULYSSES    EN  GALICIA: 2014.                                   Fálame, Musa, daquel varón de multiforme enxeño que, despois de destruir a                           sagrada fortaleza de Troia, andou en longo extravío, contemplou cidades, coñeceu                         os costumes das xentes, e padeceu innúmeras penalidades na súa navegación polo                        ponto a tratar de salvar  a vida e  conseguir o retorno dos seus compañeiros á                        patria.                                                         Odisea, I, 1-6.      Segundo James Augustine Aloysius Joyce –James Joyce- (1882-1941), o 16 de xuño do ano 1904, o xudeu irlandés Lepold Bloom, ademais doutras singulares vivencias, conseguíu rememorar, nunha sóa xornada  a extraordinaria peregrinaxe protagonizada por Ulises, o rei de Ítaca, despois da tomada de Troia. Do éxito da novela na que Joyce deu a coñecer esa agora xa lendaria data, xurdeu despois o Bloomsday , ou “Día de B

A APORTACIÓN DO "CODEX AMBROSIANUS D 52"

Imagen
A   APORTACIÓN  DO  “ CODEX AMBROSIANUS  D   52” : (2016).               A   “ Piazza ” e o “ Duomo ” de Milán,   dende o Oeste     Para acadar o máis axeitado coñecemento do pasado, a historia, ou a sinerxia dun lugar, territorio,  cultura, ou  país, é necesario contar co maior número posible de datos acerca, cando menos, da súa arqueoloxía, costumes, tradicións, numismática,  epigrafía, textos,  ou   antropoloxía. En canto ao  que a Galicia atinxe semella, ademais, claro que non se pode deixar de ter en conta canto sobre a fachada atlántica europea, na que está físicamente situada, nos transmiteu o procónsul romano Rufio Festo Avieno no traballo que tan pacentemente elaborou, con base a datos tomados, segundo el mesmo confesa, de numerosos autores gregos, ademais dun cartaxinés, dos séculos VI ao IV a. C., informes dos que algúns mesmo recollen datos anteriores a este período.      A obra que vimos de mencionar consiste nun poema histórico-xeográfico, a “ Ora Mar

OS OLLOS DA HISTORIA

Imagen
A Cartografia, dos seus inícios às decisivas contribucións do portugués Planisferio Cantino (1502) (Texto íntegro)      Non se sabe de ningunha sociedade, ou cultura humana, que non chegase a representar dalgún xeito, con maior ou menor precisión, ou sequera cun mínimo de fidelidade, o seu território, ben por medio de croquis, planos, ou representacións topográficas, xa a través dalgunha clase de esbozos, por rudimentarios que fosen. Tales representacións iconográficas refírense, nalgúns casos, apenas à zona na que se desenvolvia a súa actividade, aínda  que noutros incluen tamén os territorios inmediatos, e mesmo algúns outros máis afastados. Estamos a referirnos tanto aos pobos primitivos pré, e proto-históricos  actuais, como às culturas mais evoluídas (Fig. 1).      Coma non podia ser menos, dentro dun espacio tan amplo e variado coma o que acabámos de indicar, os soportes utilizados para tales representaci