XUBILEO JOYCIANO (1985)
“De naturista ao Zola ou ao Maupassant, evoluíu abominablemente no “Ulysses” cara á fría e descarada pornografía (na que o talento mídese polo número de edicións que a policía recolleu), e cara á destrucción da forma artística da novela, que sustitue por un inxustamente celebrado, mais caótico, insoportable, tolo, e incoherente balbuceo de enfermo cerebral”. Ramón Domingo Perés y Perés, 1949. Debo de comezar por admitir que, ata o intre que máis adiente indicarei, nunca lera unha soa liña de James Augustine Aloysius Joyce –James Joyce- (Dublín, 1882 –Zúrich, 1941). Certos comentarios sobre a súa obra predispuxéranme cara a esta tan pouco ortodoxa actit