PESQUISAS NAS ORIXES DO MITO DE TRISTÁN E ISEU
Tristán sei ben que non amou a Iseu tanto como eu vos amo; isto certo sei eu. Rei don Denís de Portugal (1279-1325) Filla do rei Gormón de Irlanda, a illa dos lagos grises e das verdes lombas, Iseu a Loira, escoitara por primeira vez falar del cando tiña catorce anos. Tristán de Leonís era sobriño e ao mesmo tempo cabaleiro predilecto do rei Marc de Cornualla. Para libralo do ominoso tributo dos trescentos donceis e trescentas donzelas que, cada cinco anos, debía pagar a Irlanda, Tristán dera morte en combate a Morholt, tío de Iseu. Para pór fin ao longo enfrontamento entre os dous paises, o rei Marc decidiu solicitar a man de Iseu, para o que envión a Tristán coma portador da embaixada. Unha vez acordadas as núpcias, a nai de Iseu, experta en artes máxicas, entregoulle á serva da princesa un bebedizo coa indicación