Entradas

Mostrando entradas de enero, 2018

ARTUR DE BRITANIA E A ESPADA EXCALIBUR

Imagen
ARTUR  DE BRITANIA  E A  ESPADA  EXCALIBUR.    Tanto nas curvas do camiño coma nas paraxes abertas  o vento era tan forte que o carruaxe  tremía e abaneábase cabeceando sobre as rodas coma un borracho.  Mary ergueu  a cortina e ollou fóra. Un refacho de vento e chuvia encegueceuna por un intre. Sacudiu os cabellos para afastalos, e entón decatouse de que o vehículo estaba a coroar o outeiro ao galope, mentres que,  nás beiras do camiño, baixo a névoa e a chuvascada, os lameiros amosábanse negros como a tinta. Sobre a cima,  á esquerda, decatouse da presencia dun c aserón  lixeiramente afastado da rodada. Aínda coa escuridade puido distinguir as súas denegridas cheminéas, un tanto separadas unha da outra. Non  veu ningunha outra  choza ou construcción, senón,  soa, na súa gloria, e aberta aos catro ventos,  á "Pousada de Jamaica".  Mary cubriuse coa capa e  abotoóuna.  Os cabalos xa se  detiveran e transpiraban baixo  a  chuvia, desp