A arte é, sen ningún xénero de dúbidas, un dos máis axeitados medios para traducir e dar a coñecer propósitos e coñecementos, ou para inducir ideas que a fala normal moi dificilmente consigue transmitir. De aí que teña sido utilizada en moitos momentos da história coma forma de lexitimación política, con base sempre nunha dupla e às veces moi sutil manipulación das súas aptitudes: a de utilizala coma reflexo do poder político, ou a de convertela na arma capaz de sustentalo. Semellantes manipulacións, à marxe da calidade intrínseca da própia obra, levarian a converter a Arte nun simple medio de propaganda, tendente nada máis que a lexitimar e afirmar o propio poder que a mediatiza.. Algo que non teria sido posíble, de non seren capazes os autores de conseguir elaborar determinadas fórmulas artísticovisuais capazes de posibilitar a comprensión da mesma por parte do observador, aínda que guardasen o formalismo de manter pa...
Comentarios
Publicar un comentario