O PERGAMIÑO VINDEL


                                                               Quantas sabedes amar amigo
                                                               treides comigo a lo mar de Vigo
                                                               e bannarnos emos nas ondas!.

                                                               Quantas sabedes d’amar amado
                                                              treides comigo a lo mar levado
                                                              e bannarnos emos nas ondas!.

                                                       Martín Códax ( mediados século XIII).

        No ano 1914 o bibliófilo e anticuario Pedro Vindel Alvarez (1865-1921), oriundo da vila alcarreña de Olmeda de la Cuesta, atopou na súa propia tenda, en Madrid, na garda interior dunha obra de M. Tulio Cicerón (106-43 a. C.), un pergamiño de dúas páxinas que contiña as Sete Cantigas de Amigo, do troveiro Martín Códax, que, se ben que xa coñecidas a través  dos Cancioneiros das Bibliotecas Nacional de Lisboa, e Vaticana,  ofrecía nesta ocasión a importante novidade de aparecer acompañadas polas notacións musicais de seis delas. E aínda que despois se considerou que tal documento desaparecera, a realidade é que Pedro Vindel llo vendera, antes do ano 1921, data da morte de ambos, ao diplomático e musicólogo Rafael Mitjana y Gordón (1869-1921), que naquel intre catalogaba obras de tal disciplina  na Biblioteca de Uppsala, Suecia. Deste Rafael Mitjana temos que lembrar que, no ano 1907, xa atopara o denominado Cancioneiro de Uppsala, con 56 cancións de compositores españois dos séculos XV e XVI, publicado en 1558, en Venecia, polo editor Scotto.

      A causa destas circunstancias, o Pergamiño Vindel  permañeceu inaccesible ao público durante moito tempo, aínda que a  viúva de Mitjana continuara a vivir en Uppsala. Máis tarde, os herdeiros da mesma acabaron por venderllo ao bibliófilo Otto Haas, sendo bastante despois que se puxo á venda en Londres,  ocasión na que, xa no ano 1977, o adquireu á J. Pierpont Morgan Library & Museum,  New York, onde se conservou ata agora baixo a signatura de MS. M979.

        Importante tamén é que indiquemos  que desta xoia da nosa literatura medieval fixéronse numerosas reproduccións, a primeira  xa no ano 1915, polo seu propio descubridor, e  que se realizarían outras de grande valor iconográfico, entre elas as do editor ourensán, establecido en Barcelona, Manuel Moleiro, así como as da propia Morgan Library.                                  
 
       Os estudos que sobre este Pergamiño se levaron a termo foron numerosísimos, atopándose entre eles o do tudense Xosé María Álvarez Blázquez (ano 1958, publicado en Vigo no 1962),  e o de Manuel Pedro Ferreira, (Lisboa, 1986), este distribuído xunto cun disco que contén as melodías de Martin Códax, interpretadas por Helena Afonso e José Peixoto.  Polo que puidemos averiguar, sen embargo,  foi a Coral Polifónica de Pontevedra, en 1928, daquela dirixida por Antonio Blanco, a que fixo a primeira gravación destas cantigas con base á musicación salvada polo Pergamiño Vindel, así coma que efectuou outra máis tarde, en 1945.

      Agora ben, o máis asombroso, sen dúbida, da historia deste Pergamiño parécenos o feito de que, no seu estudo do ano 1962, Xosé María Alvarez Blázquez, comentase  que o mesmo  atopábase, xa  nesa data, en New York, ao ser a mesma un intre no que os datos que sobre el se manexan, obrigan a pensar que o seu traslado á cidade dos rañaceos produciuse quince anos despois.              

     O dous de agosto de 1996, nunha visita que entón fixemos á Biblioteca da Universidade de Uppsala, fundada no ano 1477, a máis antiga e prestixiosa de Suecia, fumos sorprendidos por un comentario que aseguraba que fora precisamente nela o lugar no que aparecera o Códice que contiña as Cantigas de Martin Codax. Preguntada sobre esta importante cuestión a administradora da mesma, moi decidida a vendernos a cantos alí nos atopábamos unha admirable reproducción da lacustre Tenochtitlán que conquistara Hernán Cortés, non demostrou ningunha seguridade  ao tratar de nos explicar se fora  o manuscrito Vindeliano o que alí se descubrira, ou ben, en realidade, que este limitárase a permanecer naquela biblioteca durante algún tempo, coma parece lóxico deducir a xulgar polos datos que sobre esta cuestión se coñecen. De todos xeitos a encantadora rapaza ficou sumamente satisfeita de que, senón o plano que de Tenochtitlán me ofrecía, lle mercase unha reproducción da famosa Carta Marina de Olaus Magnus, do ano 1539, publicada tamén en Venecia, en realidade,  xusto é que o recoñeza, a principal responsable, ademais dos impresionantes Xardíns Botánicos,  o Templo Dórico  de Carolus Linneus, e os restos arqueolóxicos da vella capital, nórdica,  da miña visita a Uppsala.
  
     Paralelamente a estes feitos, entre 2014 e 2016, rodouse por descendentes do mesmo  unha película sobre a vida de Pedro Vindel, o home que, con dez anos de idade, e sen saber ler aínda, abandoara o seu lugar  para marchar cuns ambulantes a Madrid, onde vendería publicacións e se convertería nun dos máis destacados libreiros do seu tempo. O filme estreouse en xuño do 2016, no seu Olmeda de la Cuesta natal.


     Coma remate sintetizamos agora que, ao longo do último ano, produciuse unha grande actividade entre os amantes da nosa cultura à procura de conseguir traer ao país o Pergamiño de que estamos a falar, cos poemas de un dos cantores, hai oitocentos anos, do  Mar de Vigo. Aos desvelos do psiquiatra Cipriano Jiménez (Pontevedra, 1946), e da profesora  Camiño Noia (Compostela, 1945), débese que convenceran ao Rector da Universidade de Vigo, o biólogo Salustiano Mato (Compostela, 1960) para que conseguise que a Morgan Library & Museum o cedese temporalmente. O Pergamiño  Videl, pois, vai permañecer exposto no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, dende Outubro de 2017, a Marzo do 2018, coas máximas garantías de seguridade, nunha urna climatizada,  contextualizado ao mesmo tempo coa exposición doutras obras dos museos galegos. 

     (Publicado no ano 2017 no número 204 da Revista "Encrucillada").

Comentarios

  1. If you're trying hard to lose kilograms then you absolutely have to try this totally brand new custom keto meal plan diet.

    To create this service, licenced nutritionists, fitness trainers, and professional chefs have united to develop keto meal plans that are useful, convenient, cost-efficient, and fun.

    From their first launch in 2019, 1000's of clients have already completely transformed their body and health with the benefits a great keto meal plan diet can give.

    Speaking of benefits: in this link, you'll discover 8 scientifically-tested ones given by the keto meal plan diet.

    ResponderEliminar
  2. Did you realize there is a 12 word sentence you can tell your man... that will trigger deep feelings of love and impulsive attractiveness for you buried inside his heart?

    That's because hidden in these 12 words is a "secret signal" that fuels a man's impulse to love, please and look after you with all his heart...

    12 Words That Fuel A Man's Desire Response

    This impulse is so built-in to a man's genetics that it will make him try better than ever before to do his best at looking after your relationship.

    In fact, fueling this all-powerful impulse is so binding to getting the best ever relationship with your man that the moment you send your man one of these "Secret Signals"...

    ...You'll instantly find him open his soul and mind to you in such a way he's never expressed before and he will see you as the one and only woman in the world who has ever truly fascinated him.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

NADA NOVO BAIXO O SOL: A LEXITIMACIÓN DO PODER A TRAVÉS DA ARTE NA ROMA DE AUGUSTO

O VALEDOR DO REINO