NADA NOVO BAIXO O SOL: A LEXITIMACIÓN DO PODER A TRAVÉS DA ARTE NA ROMA DE AUGUSTO


      A arte é, sen ningún xénero de dúbidas, un dos máis axeitados medios para traducir e dar a coñecer propósitos e coñecementos, ou para inducir ideas que a fala normal moi dificilmente consigue transmitir.

      De aí que teña sido utilizada en moitos momentos da história coma forma de lexitimación política, con base sempre nunha dupla e às veces moi sutil manipulación das súas aptitudes: a de utilizala coma reflexo do poder político, ou a de convertela na arma capaz de sustentalo. Semellantes manipulacións, à marxe da calidade intrínseca da própia obra, levarian a converter a Arte nun simple medio de propaganda, tendente nada máis que a lexitimar e afirmar o propio poder que a mediatiza..


     Algo que non teria sido posíble, de non seren capazes os autores de conseguir elaborar determinadas fórmulas artísticovisuais capazes de posibilitar a comprensión da mesma por parte do observador, aínda que guardasen o formalismo de manter parcialmente oculta tal intencionalidade enaltecedora do poder, xeralmente unipersoal, que tentaban transmitir.


    Pódese dicir, en termos xerais, que este xeito de formulación da potestade non fora coñecido no Mundo Clássico —aínda que si no exípcio e no oriental— ata a aparición de Alexandre o Magno (356-323 a.C.), auténtico autócrata ilustrado do su tempo, creador dun modelo de monarquia triunfalista, próxima à divinización que, considerada tamén en xeral, e coas debidas puntualizacións e matizacións espacio-temporais, mantívose vixente ata os nosos dias, e quizais continúe a manterse muito tempo máis ainda, se non o soluciona un auténtico milagre.


     Dentro desta retórica do poder e do culto ao dirigente carismático ocasional, de forma especial cando este non tiña a necesária lexitimación —son innecesarios os exemplos—, fôron as fórmulas artísticas —arte e literatura principalmente—, as que se ocuparon de persuadir e demostrar tanto a idoneidade como a legalidade de tales gobernantes. Para conseguilo, a imaxinaria do poder creou un modelo de retrato: figuras espidas, como as dos deuses, de tamaño superior ao normal, asemelladas aos heróis antigos, e posuidoras de rostos apacibles, coma de seres benévolos.


       Tratábase de auténticas representacións plásticas da "areté", ou exceléncia física e moral. Segundo esta nova concepción, inicialmente propiciada por Alexandre, un grande home debia contar tamém con grandes cualidades. E importaba máis o significado e o impacto que os artistas poidesen dar á súa expresión, ou á postura e á acción coas que o representabam, do que as súas auténticas trazas físicas e psíquicas e, por suposto, do que a exactitude do própio feito histórico.


      Así mesmo, a biografia —que inicialmente se ocupaba tan só dos filósofos— e a súa irmán espúrea, a autobiografia, puxéronse ao servicio da mesma idea, encamiñada a converter ao personaxe do que se ocupaban, o mesmo que no caso da estatuária, nun prototipo ou paradigma digno de ser envexado por todos. Os filósofos Platón († 347 a. C.), e Aristóteles († 322 a. C.) favorecerían tamén esta tendéncia por causa da súa defesa da monarquia coma forma ideal de goberno.


      Serían aproximadamente do tempo dos mencionados os primeiros monumentos que no mundo Clásico se coñecen destinados a perpetuar a memória de alguén coa referida intencionalidade, coma son os casos de Temístocles († 495 a. C.), e Lisandro († 395 a. C.). Eles representan o inicio do triunfal avance do individualismo cara ao interese polo colectivo que ata o momento tiña caracterizado á civilización grega.


     É moito xá o que se ten investigado acerca de Alexandre o Grande e da súa relación con este fenómeno, de xeito que na actualidade é posíble fazer unha lectura desapaixonada, mais tamén, e sorprendentemente, menos negativa do que se poderia pensar, dos seus monumentos e das descricións literárias que del e do seu tempo se lle fixeron en vida.


      As diferentes imaxes nas que foi representado Alexandre —ninguén foi tan retratado coma el— forman a esencia da súa retórica do poder, básicamente destinada a persuadir do seu carisma e da súa capacidade para gobernar. El é ademais o seu própio paradigma: un home non alto, de pel branca —característica feminina—, pescozo débil, lixeiramente inclinado, barbeado, voz alta e rexa, entrecello feroz, ollos límpidos e húmidos, de ollar duro,  ao mesmo tempo que tenro, e rizo ou "anastolé" sobre a fronte, própio do home leonino, prototipo da virilidade (Fig. 1). O mesmo Aristóteles louba nos seus escritos este especime felino, de ollos afundidos. As de Alexandre foron representacións capaces de ser entendidas por todos nas que os autores procuraron salientar nada máis que os trazos que lles interesaban.

















Figura 1:
Cabeza de Alexandre existente no Museo de Istambul. É moi posíble que sexa da autoria de Lisipo. Nela pódense advertir tanto a súa «anastolé» como a inclinación da cabeza.













Mais non é do Macedonio de quen nos imos ocupar neste pequeno traballo. A nosa intención  é a de comprobar canto a Arte dunha das épocas máis fecundas e estudadas da História, coma é a de Octávio Augusto (63 a.C. a 14 d.C.), en Roma, pode estar suxeita a este ideal da propaganda política a que nos acabamos de referir. E a ela imos dedicar as páginas que siguen.


A ARTE NOS TEMPOS DE OCTÁVIO AUGUSTO

      O investigador alemán Paul Zanker afirmaba en 1987 —e ao facelo non contradixo as teses defendidas por Arnold Hauser a partir de 1953— que tanto os edificios como as imaxes reflicten o estado dunha sociedade, así coma os valores da mesma, as súas crises e os seus momentos difíciles. Por causa disto, calquera transformación que se produza, en especial se esta afecta ao seu sistema político, «conduce a unha nova linguaxe no ámbito das imaxes, o cal por unha parte reflicte unha mentalidade en processo de cambio e, por outra, constitue unha achega esencial a esa transformación".

      Con base en tales consideracións, maioritariamente aceptadas pola investigación, resulta evidente que contamos cos medios axeitados para tratar de formar unha opinión mínimamente obxectiva en relación co tempo de Augusto, do que hai abondosas mostras na súa arte. E imos tratar de conseguilo a través, de forma especial, de tres das súas manifestacións máis significativas:

 A:  O Mausoléo de Augusto (Fig.2).
 B:  A Estátua de Augusto, chamada da "Prima Porta" (Fig. 8).
 C:  O "Ara Pacis Augustae" (Figs. 12 à 16).













Figura 2:
Restos do Mausoleo de Augusto en Roma, acompañados polo corte dunha das reconstrucións ideais que do mesmo se fixéron.










Figura 3:
Reconstrucción hipotética do
Mausoleo de Halicarnaso.


















Figura 4: Mausoleo de Cecília Metela, na Via Áppia, de arredor do 30 aC.







      Mais, antes de o facer, e para situármos no espacio e no tempo, así coma para facilitar unha rápida ubiquación dos comentarios, riscaremos unhas breves consideracións respecto a arte romana, e á história e a personalidade de Caio Octávio César AUGUSTO.


      Admítese que, en xeral, a escultura romana está en debeda cos modelos gregos e helenísticos, así coma que na súa arquitectura predomina o mais absoluto dos utilitarismos. Outra das súas características é o feito de que o retrato romano representa unha innovación respecto ao grego, por ser máis importante nel o destaque do individual e inconfundíble sobre a norma estética. Esta fidelidade co original parece provir do costume, acreditado por Políbio († 118 a.C.) e Caio Plinio, († 79 d.C.), de conservar as máscaras funerárias dos difuntos, circunstancia que se advirte nas trazas afiadas do nariz, queixo, pómulos e boca dos retratados, que non poden obedecer, para J. J. Martín González, senón ao feito de teren sido tomados do rosto dun cadáver.


      No século I a.C., ao que nos estamos a referir neste momento, así coma no seguinte, xunto a ese realismo, advírtense tamén claros indicios de idealización. Así mesmo, a escultura romana é  fundamentalmente retratista. E os seus autores, unha grande parte dos cales era orixinária da Grécia, complementaban as súas obras con elementos metálicos, cerámica, marfn, oso ou madeira, e dábanlle tratamentos epidérmicos que lles proporcionaban textura e color. Tales estátuas eran, xeralmente, polícromas, sendo denominadas "Thoracatas", se tiñan coiraza, e "Togatas", cando o personaxe representado vestia toga. As sedentes eran própias para muller, mentres que as ecuestres, moi escasas, reservábanse tan só para os Emperadores.


      A influencia grega —un pobo autenticamente fascinado polo mundo heróico, no que os heróis representaban unha pasaxe intermédia entre a divinidade e os mortais— tivera a súa maior importáncia despois da tomada de Corinto, acontecida no ano 146 a.C. A partir dese intre, tanto os militares coma os patricios romanos procederon a un saqueo sistemático das obras de arte gregas, ou a realizar, con moitísima fidelidade e honradez, normalmente recorrendo a vaciados, copias das mesmas. Estas reproduccións priman especialmente no sur itálico onde ata as mesmas vilas reproducian os ambientes gregos, exibian as súas obras de arte, e os seus habitantes usaban mantos e sandalias gregas. En Herculano, por exemplo, non se advirte a utilización de ningunha temática romana na arte.


      Voltando de novo ao retrato, é necesario lembrarnos agora de que o artista helenista estivera sempre interesado no interior do indivíduo, no seu temperamento, ou no seu carácter, en contraposición coa énfase da súa función pública, características que trataba de representar a través tanto do rosto coma do corpo do retratado, polo que debia recorrer constantemente a metáforas.


      Agora ben, as metáforas visuais funcionan só se poden ser recoñecidas ou interpretadas polo espectador. Felizmente, os romanos, profundamente aculturados polo helenismo, segundo nos refire Quinto Horácio Flaco († 8 a.C.), e pode ser constatado a través do estudo da súa arte, podían, en xeral, acceder á interpretación da maioria das metáforas helénicas, ademais das súas própias, circunstáncia que nos aforra xa, en parte, o camiño que estamos a encetar.










CRONOLOGIA DO PERÍODO AUGÚSTEO

      Á marxe de canto a História conseguiu averiguar e considerar ao respeito, contamos cun excepcional testemuño para valorizar a intencionalidade, así como a persoal visión e interpretación deste Emperador respecto a moitos dos feitos da súa vida.


       Trátase da única das obras escritas por Augusto, poeta e autobiógrafo recoñecido, que sobrevivíu á destrucción. Denomínase esta: Res Gestae Divi Augusti ou Accións do divino Augusto, e é o monumento literário por medio do cal tentou impedir que o pobo romano puidese chegar a esquecer as campañas, as reformas, ou as grandes realizacións que acometera en vida. Considérase, tamén, que é un extracto da De vita sua, outra das súas obras perdidas.


      O seu texto foi atopado no ano 1555, gravado nos muros da pronaos dun templo dedicado a el e a Roma, na localidade de Ancira, hoje Ankara, a capital de Turquia. A inscripción ten un tamaño de 2,7 por 4 metros, por cada unha das caras, figurando no exterior do edifício a súa traducción ao grego. Segundo M. C. Howatson trátase da reproducción dun dos documentos escritos polo Emperador que foron lidos no Senado á súa morte, e que, dacordo cos seus desexos, acabaron sendo gravados en bronce e colocados no exterior do seu Mausoleo, en Roma, segundo tamén afirma o seu biógrafo Caio Suetónio Tranquilo. Perdido o original da Res Gestae, o seu contido chegou a nós mercede non só a este achado, senón a outros semellantes, aparecidos despois tanto en Antióquia, este só en latín, coma en Apolónia, na súa versión grega. Feitos que salientan a posibilidade de que tales comentarios autoenaltecedores fosen expostos simultaneamente en diferentes lugares do Imperio.


       A primeira edición autenticamente científica deste documento débese ao inevitáble, e tamén por moitos motivos admiráble, Theodor Mommsen, que a publicou en Berlin no ano 1883, aínda que xa realizara outra menos perfeita e ambiciosa na década anterior. As versións casteláns que coñecemos débensese a Francisco P de Samaranch, em 1969, e outras dúas a Guillermo Fatás, en 1987. Non sabemos de ningunha versión galega, a pesar de que o autor do texto sexa o primeiro personaxe autenticamente histórico que detentou a autoridade sobre toda Galicia.







      Desta Res Gestae Divi Augusti, proceden algúns dos comentarios que ilustran, con toda a claridade de intencións, os feitos que imos examinar a continuación:



-63: 23-9: Nace no barrio romano do Palatino, Caio OCTÁVIO, posteriormente, Caio Xúlio César                      OCTAVIANO e, por último, AUGUSTO. A súa mai era sobriña de Caio Xúlio César.
                 Era, entón, Cónsul Marco Túlio Cícero (106-43).
                 Ano tamén da coñecida Conspiración de Catilina.
-58: Comeza a Guerra das Gálias, que acaba no ano 50.
-55: Morre o poeta Tito LUCRÉCIO Caro.
       Cneo Pompéio Magno termina o primeiro teatro de pedra de Roma.
-54: Morre o poeta Caio Valério CATULO.
-53: Derrota e morte de Marco Licínio CRASO, en Carras, a mans dos partos.
-49: Principia a Guerra Civil entre César e Cneo POMPEIO Magno.
-48: Batalha de Farsália. Derrota de POMPEIO, que morre no Exipto.
-46: Xúlio César inaugura o Foro Xúlio, no centro de negócios de Roma, conmemorando a súa                    vitória   en Farsália. Nel ergueu um templo á Venus Genetrix, mítico ancestro da "Gens Iulia"              así coma unha estátua exuestre súa.
-45: Octávio é adoptado por Xúlio César, que o envia a Apolónia (na actual Albánia, ao sul de
        Durrachium), para ampliar estudos.
        Pasa despois a chamarse Caio Xúlio César Octaviano.
-44: 15-3: Asasinato de Xúlio César en Roma.
        Octávio volta a Roma, e exixe o Consulado plantando as súas lexións ás portas da cidade. Inicia
        así a súa loita de trece anos polo poder. Ao longo da súa vida ostentaria tamén 13 veces o
        indicado cargo, once delas seguidas.

                  Aos dezanove anos de idade levantei, por decisión persoal e ao meu cargo, un exército      
               que me permitiu devolver a liberdade á Republica, oprimida polo domínio dumha fracción  
                 (Res Gestae, 1).

          No mes de xullo aparece o "sidus Iulum", um cometa, distinto do Halley —este pasou no 86 e
          no 11 a.C.— que se deixou ver durante 7 dias. Este sinal seria incorporado a todas as estátuas
          de César, así como ao capacete de Octávio, moedas e anéis, por orde deste.
          Ao final do ano reivindica diante da estátua de César os seus direitos.
—43: Asasinato de Marco Túlio CÍCERON, quen, pouco antes comparara no Senado a Octávio con 
          Alexandre o Grande.
          2-1: É aprobada a construcción dun monumento ecuestre a Octávio.
          7-1: Octávio investido co "imperium" militar.

                               Coma recompensa, o Senado, por medio de decretos honoríficos, admitiume no                             seu seo, concedéndome a categoria senatorial equivalente á dos Cónsules. Conferiu-                           me a misión de velar polo público bemestar e nomeoume Cónsul e Triúnviro                 
                      responsáble pola reconstrucción da República. (Res Gestae, 1).

              Nace o poeta Públio OVIDIO Nason.
              Lei de Públio Ticio concedendo aos triunviros poderes limitados por CINCO ANOS.
-42: 23-10: Marco ANTÓNIO, Marco Emílio LÉPIDO, e OCTÁVIO, vencen en Filipos, Macedónia,
             a Bruto e Cássio, asasinos de César, que resultan mortos.

                                         Proscribin aos asasinos do meu Pai, vindicando o seu crime por medio dun 
                               xuízo legal, e, cando mais tarde leváron as suas armas contra a República, 
                               vencinnos por dúas vezes en campo aberto. (Res Gestae, 2).


              Octávio consegue impor o culto estatal a César, deificado como "Divi Iulius", pasando el a
              ser "divi filius".
              Por este tempo usaba un carimbo coa efíxie da Esfinxe, símbolo de Apolo e do "Regnum 
              Apollinis", anunciado pola Sibila de Cumas vários séculos antes.

-41: Con aproximadamente 22 anos de idade, Octávio divórciase da súa segunda esposa, Cláudia, e
        casa por terceira vez con Escribónia, que xá estivera casada tamén dúas veces.

-40: Paz de Brindísi: División do Império entre Octávio, Marco António e Lépido. Marco António
        casa con Otávia, irmá de Octávio.

-38: 17-1: Octávio casa por cuarta e última vez con Lívia Drusila, nai xá de Tibério, divorciada de
       Tibério Cláudio Neron.
       As posesións romanas na Península Ibérica declaradas tributárias. Começa a ERA HISPÁNICA.

-36: Octávio vence a Sexto Pompeio fronte a Messina, e destitue a Lépido, séndolle conferida a
        potestade de TRIBUNO de por vida.
        Octávio é representado espido nunha estátua inspirada no Posseidom de Lisipo (Século IV a. C.)

-32: Publicación ilegal do testamento de Marco Antônio, que acabava de divorciarse da sua irmá.
       Octávio restau  ra o teatro de Pompeio en Roma.
       Por estas datas Octávio faise retratar nas moedas, asimilado à divindade, coma os reis     
       helenísticos. Era, entón, xa do dominio público que o seu pai fora o deus Apolo.
-30: Agosto: Toma de Alexandria. Morren Marco António e Cleopatra.
        Octávio permite que continue a construción da súa tumba.
        Octávio coloca unha coroa de ouro e cobre con flores na urna que gardaba os restos de     
        Alexandre   Magno, en Alexandria.
        Comeza o "principado" de Octávio, así como a celebrarse oficialmente o dia 23-9, data do seu
        nascimento, coma dia venturoso.
        O nome do Octávio incluído nas preces do Senado e do Pobo aparecendo tamén nos hinnos     
        sálicos e nos brindes, tanto públicos coma privados.
        Por este tempo usaba xa Octávio um carimbo coa efíxie de Alexandre.
        Posteriormente utilizará a súa própria imaxe .
 -29: Fin da República: Octávio retorna a Roma onde celebra un triplo Triunfo, sobre Ilíria, Exipto e            Accio. Élle conferido por lei o título de "Imperator", que xa levava usando vários anos.
        En honra à vitória sobre Marco António, Octávio procede ao peche do templo de Iano en
        Roma,  feito que acontecia por terceira vez na história da cidade.

                        O templo de Iano Quirino, que os nosos antepasados desexaban que permañecese                          clausurado cando en todos os dominios do pobo romano se establecese victoriosamente                      a paz, tanto na terra coma no mar, non fora fechado senón en dúas ocasións, dende a                          fundación da cidade ata o meu nacemento. Durante o meu Principado, o Senado                                 determinou en tres ocasións que debía  de ser clausurado. (Res Gestae, 13).

          Octávio dá a coñecer o seu programa de restauración moral.
          Reorgaización e fundación dos Coléxios Sacerdotais.
          Remata a construcción do templo na honra do "Divi Iulius" no Foro, aínda que xa viña         
          aparecendo representado nas moedas dende polo menos o ano 36 a. C.
          VITRÚBIO Poliom publica De Architectura.
          Públio VIRGÍLIO Maron publica Georgicas.

-28: Sexto consulado de Octávio, e Príncipe do Senado.
       Son ofrecidos votos "pro valetudine", (pola saúde), de Octávio.
       Sometimento dos pobos Aquitanos.
       9-10: Consagración do Santuário a Apolo no Palatino, en recoñecimento pola súa axuda en   
       Accio. Segundo Caio Suetónio foi erguido na parte da residéncia de Octávio destruída por un
       raio. Principia así un programa que lle permitirá a reconstrucción de 82 templos en Roma.

-27: 13-1: Octávio pon os seus poderes de Triúnviro nas mans do Senado, para que poida ser
       restaurada a República. O Senado pídelle que continúe 10 anos mais.
       Três dias máis tarde, o 16-1, élle concedido o título de AUGUSTO.
       Pouco despois, o mes "Sextil" pasa a ser chamado "Augustus", na sua honra, pois nel obtivera,
       segundo afirman Caio Suetónio e Teodósio Macróbio, o seu primeiro consulado e as súas máis           importantes vitórias.

                        Durante os meus consulados sexto e sétimo, logo de ter acabado a Guerra Civil, cos                     poderes absolutos que o xeral consenso me  confiara, decidin que o Goberno da              
                 República pasase do meu arbítrio ao Senado e ao pobo romano. Por tal meritoria acción 
                 recibín o nome de Augusto. As colunas da miña casa foron ornadas oficialmente con 
                 loureiros. Dende entón fun superior a todos en autoridade, mais non tiven máis poderes 
                 que calquera outro dos que foron os meus colaboradores nas maxistraturas.
                     (Res Gestae, 34).

          Arco Triunfal a Augusto na Via Flamínia.
          Augusto divide e clasifica as províncias en Senatoriais —as que se estaban sometidas e en paz            —, e Imperiais, as non sometidas por completo e precisadas da presencia de tropas. A nova
         província denominada Lusitánia, que durante aproximadamente 15 anos abrangueria tamén a
         Gallaecia, quedaría incluída entre estas últimas. É dicir, entre ass que precisaban de forzas
         militares, por non estaren aínda controladas.
        A finais do ano, Augusto, agora tamén "princeps civitatis", (primeiro cidadão), logo de crear a
        súa Garda Pretoriana, e abrir de novo as portas do Templo de Iano, chega a Tarraco                   
        (Tarragona).
        Marco Vipsanio AGRIPA inicia en Roma a construccióndo PANTEON, destinado a acoller a
        todos os deuses.

-26: 1-1: Oitavo consulado de Augusto.
        Augusto no norte da Península à frente de 70.000 homes e da frota da Aquitánia, para dirixir a
        campaña contra cántabros, astures e galaicos.
        Instalación en Arlês, e probablemente tamén noutras cidades, dunha copia en bronce do
        "Clipeus  Virtutes" de ouro de Augusto.
       Partindo do que hoxe é Braga, os legados romanos Caio Antístio Vetus e Caio Fírmio, toman a
       fraga de Lugo e acaban algo máis tarde coa resistencia do "Monte Medúlio", de discutida e                   imprecisa situación, ainda que probablemente, tal como afirma o historiador Paulo Orósio,
       próximo ao rio Miño. Estes feitos permitíron consumar a conquista romana do actual território
       da  Galiza.
-25: Tito Lívio escribe Ab Urbe Condita libri, ou "História de Roma dende a súa 
        fundación".
        Posíble data da fundación de César Augusta, hoxe Zaragoza.
        Culto a Augusto en Tarraco.
        Dezembro: Augusto abandona Tarraco.

-24: Ao chegar a Roma, Augusto fai fechar o templo de Iano por cuarta vez, pola súa vitória sobre os         pobos do norte peninsular, aínda que a guerra con eles continuaria vários anos máis.
       Décimo consulado de Augusto.

-23: Descúbrese un complot contra a vida de Augusto, que decide renunciar ao seu cargo do
       Consulado o 1-7, recibindo a cambio, de por vida, a potestade Tribunícia que lle confería o
       control total do estado.
       A execución dun dos conspiradores, Varron Murena, cuñado de Caio MECENAS, conselleiro de
      confianza de Augusto, esfriou as relacións entre ambos.

-20: Campaña contra os partos e repatriación, sen loita, das insígnias perdidas no ano 53 por Marco
       Licínio CRASO.

-19: Augusto retorna de Síria. O Senado acorda construir na súa honra a "Ara Fortunae Reducis"
       (Ara à Fortuna do Retorno), na Porta Capena, aceso a Roma dende o Sur, o ponto por onde este           o fixera.
       Constrúese tamén un Arco en comemoración da súa vitória sobre os partos nas inmediacións do
       templo do "Divus Iulius", ainda que aquela non fora máis que diplomática.
       Morre o poeta Públio VIRGÍLIO Maron.
       Ainda en contra dos desexos deste, Augusto fai publicar a sua inacaba­da Eneida. Virgílio tiña
      sido colaborador seu nas tarefas de rexeneraciónmoral, o mesmo que os autores Quinto Horácio e
      Tito Lívio.
      Fin da chamada Guerra contra Cántabros e Astures.
      Morre o poeta elexíaco Álbio Tíbulo.
      É realizada unha cópia en mármore dunha estatua de Augusto, a agora coñecida como da "Prima        Porta".

-18: Novas medidas de Augusto destinadas à rexeneración familiar, seriamente corrompida: "Leges 
       Iuliae", baixo o signo de Apolo, símbolo da moral e a disciplina, quen, coma cantante e tocador           de cítara, era tamén o deus da paz e da reconciliación.

-17: Emisión de denários co retrato de Augusto divinizado, e co mesmo penteado da súa estatua da
       Prima Porta, así coma co cometa aparecido neste ano, sobre a súa cabeza, en clara alusión ao 
       "Sidus IuIium" do ano 44. Un signo da perdurabilidade tanto do estado como da Dinastia Iulia.
       Comeza a "Idade de Ouro", que se celebrou con grande solennidade e cerimonial coa
       denominación de Xogos Seculares. Para eles compuxo Quinto HORÁCIO Flaco o seu Carmen            Saeculare, que foi cantado no templo de Apolo por nenos con vestimentas brancas.

-16: Augusto nas Gálias.

-15: Morre, aos 30 anos de idade, o poeta elegíaco Sexto PROPÉRCIO.

-14: Restauración da basílica Emília.

-13: 4-7: Retorno de Augusto. O Senado acorda entón consagrar o "Ara Pacis Augustea" no Campo
        de Marte. Por ter accedido aquel à cidade dende o Norte pola Via Flamínia, este Ara foi situado
        próximo à correspondente porta.
        Augusto elegido "Pontificex Maximus"

-12: Morre o que fora Triunviro, Marco Emílio LÉPIDO.
        Morre tamén Marco Vipsário AGRIPA, brazo dereito de Augusto.

        6-3: Augusto consagrado "Pontificex Máximus". Construcción dun santuário a Vesta, na súa                casa do Palatino.
       Unha moeda deste ano amostra a Augusto axudando a erguerse à "Res Publica"

-11: Acaba a construcción do Teatro Marcelo.

-10: Inauguración do "Solarium Augusti", xigantesco relóxio solar, dotado cun gnómon de 30 metros
        de altura, traído de Egipto (Fig. 16).

-9: 30-1: Augusto fai sacrifícios ao seu "antepassado" Eneas de Tróia. O "Ara Pacis", acabado
      rapidamente, recolle a escena deste sacrifício en dous dos seus relevos (Figs. 12 e 13).
      "Lex Papia Poppaea", de Augusto, suavizando as medidas da súa anterior "Lex Iulia", destinada           à   rexeneración matrimonial.

-8: Morre Caio MECENAS, o mais famoso patrocinador literário.
     Morre Quinto HORÁCIO Flaco, mestre da sátira literária. Nas suas obras apoiou as iniciativas de
     rexeneración familiar, a loita contra o luxo e a idealización dos vellos costumes, que Augusto
     pretendia.
     Augusto fecha por quinta vez na história o templo de Iano, comemorando as vitórias de Tibério
     sobre os xermanos.

-6: Tibério deportado à illa de Rodas por desavencias con Augusto.

-3: Restauración do templo da "Grande Nai dos Deuses".

-2: 5-2: Augusto recibe o título de "Pater Patriae", e rexeita o de "Dictator", asi corna os 24 fasces
      que o simbolizaban.
      Augusto limita por medio da "Lex Fufia Caninia" a liberación de escravos por testamento.
      Finaliza a construcción do Foro de Augusto, de 110 por 83 metros, inmediato ao templo de Marte
      Vingador. Fora `por el prometido no ano -42, despois da batalla de Filipos.


                                    Cando exercia o meu décimo terceiro consulado, o Senado, a Orde dos                                       Cabaleiros Romanos e o pobo romano enteiro, designáromme Pai da Pátria, e                                     decidírom que o título debia de gravarse na entrada da miña casa, na Cúria,                                       no  Foro de Augusto, e nas cuadrigas que, con ocasión dun senado consulto                                          foram erigidas na miña honra.

         Augusto fai representar a batalla de Salamina nunha Naumaquia artificial construída na
         marxe dereita do Tíber, fronte case do Circo Máximo.

                                Ofrecín ao pobo o espectáculo dunha naumaquia, na outra beira do Tíber, onde 
                          hoxe está o Bosque Sagrado dos Césares, nun estanque escavado de 1800 pés de                                  longo e 1200 de largo. Tomaron parte nela 30 naves, trirremes ou birremes,                                          fornecidas con esporóns, e un número ainda maior de barcos menores. A bordo 
                          destas frotas combateron, sen contar os remeiros, uns 3000 homes. 
                                              (Res Gestae, 23).


4:  Tibério é designado sucesor de Augusto.
    "Lex Aelia Sentia", limitando a liberación de escravos.

9: Augusto desterra  ao poeta Públio OVÍDIO Nason († 17 d.C.)
    O xermano Armínio esmaga aos romanos en Teutoburgo.

14: 19-8: Morre Augusto. A súa viuva, Lívia, retirase a unha residencia próxima à Prima Porta, na
      Via Flamínia.
      O Senado acorda denominar "Século de Augusto" o período comprendido entre o dia do seu                nacimento e o da sua morte.



A PERSONALIDADE DE OCTÁVIO CÉSAR AUGUSTO

      Tal corna pode verse no resumo cronológico que acabamos de presentar, Augusto fixo unha carreira autenticamente meteórica a partir do momento, —marzo do ano 44 a.C.—, no que o seu pai adoptivo,  Xúlio César, foi asasinado. Sen pretender significar con isto que só perseguise beneficiar-se de semellante cir­cunstancia, a realidade constrastáble é a de que a utilizou profunda e demagóxica­mente. E que cantos loubores concedeu ao defunto, coma por exemplo o da divi­nización, parecen pensados para contribuir à exaltación de si mesmo, "o fillo do Divino".

      Por se na referida exposición non ficase debidamente clara esta postura súa, incidamos de novo nos feitos de que Augusto se fixo representar nas moedas asimilado à divinidade, o mesmo que os monarcas helenísticos, e que, coma estes, tampouco tivo excesivos remorsos en eliminar aos seus rivais políticos, nin aos fillos dos mesmos, utilizando ademais o título de Emperador muito antes de lle ser concedi­do. Permitiu, ou quizais  procurou, a inclusión do seu nome nos pregos, nos hinnos sálicos, e nos brindes, tanto públicos coma privados. Axuntou na súa persoa as máximas honras, e todos os poderes posíbles, recibiu toda clase de triunfos e, por último, non foi alleo ao feito de ter sido obxecto de culto xá en vida.

                        O Senado decretou que, cada catro anos, Cónsules e sacerdotes ofre­cesen votos pola                       miña saúde. Así mesmo, nas súas casas e nas munici­palidades, todos os cidadáns, sen                       excepción e unanimemente, fixeron todo tipo de cerimónias pola miña saúde en toda                           clase de lugares sagrados. O Senado fixo incluir o meu nome no cántico dos sacerdotes                       Sálios e unha lei prescribiu que posuiria, a perpetuidade e de por vida, carácter                                   inviolable a miña persoa e a potestade dos Tribunos da plebe. (Res Gestae, 9 e 10).

       Tampouco pode ser esquecida a intencionalidade coa que fixo publicar, en contra dos desexos do seu autor, o poeta Virgílio, a súa obra Eneida, que vinculaba a Roma con Tróia e convertíao a el en descendente tanto da deusa Vénus coma do Troiano Éneas, circunstáncias estas que lle permitiron colocar as estátuas dos seus antepassados máis significados na Êxedra do Templo de Marte.

       A esfinxe que viña utilizando dende había perto do ano -42 coma carimbo simbolizaba a Apolo Salvador. Apolo foi, así mesmo, a consigna utilizada nese mesmo ano na batalha de Filipos, e à súa axuda persoal fixo crer que se debeu máis tarde a súa vitória militar sobre Marco António e Cleopatra, en Accio. A este deus dedicou un santuário anexo ao seu domicílio, nunha parte do mesmo abatida por un raio —meteoro ao que lle tiña autêntico pavor— seguramente co obxecto de buscar a súa protección. Sen embargo acabou por substituir esta esfinxe por un retrato de Alexandre Magno, pouco depois da súa visita ao mausoleo do mesmo en Alexandria, feito, coma logo imos ver, indicativo e determinante das súas subsecuentes actitudes.

       No aspecto positivo, indiquemos que a súa actividade construtora foi enorme, tanto en Roma coma nas restantes vilas do império. Proseguindo o labor iniciado por Xúlio César, encamiñado a corrixir aquela Roma tan abafada polas deficiências que o própio Filipo de Macedónia († 336 a.C.) se burlou dela, Augusto puido dicir un dia, con razón, «que lle entregaran unha cidade de ladrillos, e deixaba unha de mármore».

       Soupo facerse axudar nas súas tarefas pola mensaxe escrita dos principais autores do seu tempo, e tratou de gañar o pobo celebrando o maior número de xogos e espectáculos da história romana. Fixo, ademais, do campo de Marte un auténtico Foro Cultural.

      É discutíble, sen embargo, que as súas actuacións, asi como a mención deturpada e interesada dos seus logros, ou a ocultación de todos os seus fracasos, asi como das súas derrotas militares, coma se advirte na Res Gestae, non perseguisen a súa própia exaltación, mas si, coma pretende Paul Zanker, que obedecesen só aos seus desexos de se mostrar coma un modelo a imitar. Trátase, evidentemente, dunha opinión moi respeitablel. Mais o feito de que o  seu contido das case patéticas afirmacións sobre si mesmo ter sido difundidas, quizá simultaneamente, por innúmerables  pontos do imperio, fai-nos pensar en qualquera outra intención máis oportunista e menos desinteresada pola súa banda.. Vexamos, senón, o comezo das mesmas, segundo figura no templo de Áncira:

                               Texto que é cópia das Accións do Divino Augusto, coas que suxeitou o Universo                      Mundo ao domínio do pobo romano, e das munificencias que fixo à República e ao pobo                      de Roma, escritas en dúas colunnas de bronce, que se atopan en Roma.

         A reforma moral e a dignificación do matrimónio que pretendeu tampouco tivéron os resultados que procuraba. Nen sequera puido ser el mesmo un exemplo, pois, à parte de ter sido sexualmente promíscuo, segundo nos refire Caio Suetónio, casou nada menos que catro veces, a última con Lívia Drusila, depois de lla arrebatar ao seu anterior marido, estando grávida deste. A esta, porén, si lle seria fiel ao longo dos 52 anos que lle ficaban de vida.

        Sabidas estas circunstancias, pasemos agora a coñecer canto a respeito do seu aspecto físico sabemos. Para isto contamos coas palabras que lle dedica Caio Suetónio Tranquilo en De Vita Caesarum:

                                «Augusto estivo dotado dunha beleza de formas e dunha finura de trazas 
                        extraordinárias. Pola contra non amosaba interese por ningunha clase de 
                       enfeitamento, e no arranxo do cabelo chegaba a tal extremo a súa incuria que o facia 
                       cortar a toda presa por vários cabeleireiros a um tempo».

                                «A barba unhas veces pelabaa e outras barbeabaa».

                              «A expresión do seu rosto irradiava tranqüilidade e serenidade» (Figs. 5 a 8).

                              «Tiñha os ollos craros e transparentes. Desexava mesmo que se crese que unha 
                        espécie de magnetismo divino animaba a súa ollada, e gostava de que baixasen a 
                        vista como deslumbrados polo resplendor dun sol, cando fitava  a alguén".

                               «Os seus dentes estaban separados, e eran pequenos e irregulares. O pelo           
                        levemente rizo e case loiro. 0 nariz algo máis prominente no seu arranque, e un 
                        pouco rebaixado no seu remate. A cor da pel entre parda e branca. A estatura baixa, 
                       máis ben disimulada pola axeitada proporción dos seus membros, de forma que non se 
                       lle notase máis que por comparación con alguén máis alto, que se puxese ao seu lado.                         Con todo, Xúlio Marato, liberto e arquivista de Augusto, di que media cinco pés e três                         cuartos (1,70). Usaba calzado alto.

                                  "Afírmase que tiña manchas no seu corpo, estendidas polo peito e o ventre».

                                 «Resentíase do cadril, da coxa e da perna esquerda, ata o punto de facelo 
                         coxear non poucas veces. Mais conseguia manterse erguido e correxir o  
                         desequilíbrio coa axuda dun sustento feito de canas suxeitas por correas».

                                «Às veces sentíase moi débil do dedo índice da man dereita, que se lle 
                         agarrotava co frio e contraía de xeito que tiña que suplementalo cun anel de corno, e 
                         mesmo así, case non podia servirse del para escriver».

        Os parágrafos aqui reproducidos representan, evidentemente, un panexírico laudatório, e deben ser contemplados mesmo con lupa. Através deles advírtese, porén, que, por máis que Caio Suetónio se considere na obriga de tratar de nos convencer da fermosura do Emperador, o seu desleixo persoal, as deficiências da sua dentadura, ou a sua coxeira, non o axudan no intento. O cal induce a sérias dúbidas  respeito á exactitude da descrición, ainda que nolo amosen auténticamente belo os máis de 140 retratos que de Augusto se conservan. Tampouco parece mui própio que poidesee medir cinco pés e três quartos de altura, como indica o seu arquivista Marato, cando o autor que recolle esta opiniom considérao máis ben pequeno. A non ser que o referido cumprimento incluíse tamén o calzado alto que, para disimular a súa relativa pequenez, utilizaba.


       O mesmo que xa advertíramos antes acerca da influéncia helenística en canto ás actuaciónss de Augusto se relaciona, a descriçión de Caio Suetónio mostra un máis que sospeitoso paralelismo  respeito á figura de Alexandre Magno. O feito de que Augusto utilizase um carimbo coa efíxie deste, induce a sospeitar que debía de telo tomado coma modelo ideal. Polo menos a partir do ano 30 a.C. data na que o homenaxeara na súa tumba, e posivelmente tamén na que começou a vestir a clámide grega.


                      No físico era fermoso e dunha enorme resistência à fatiga. A súa intelixéncia era 
                 penetrante, o seu valor estremado. Ninguén amaba máis que el a glória e o perigo, nin  
                era máis solícito no cumprimento dos seus deberes para cos deuses. Tiña un completo 
                domínio dos praceres do corpo e nada máis que se mostraba insaciáble nos dos espírito, 
                pola gloria que reportan. 


         Son palabras de Flávio Arriano, tomadas da súa Anábase de Alexandre, e sírvenos de oportuna
 ilustración para o que acabamos de comentar.

         Entre as semellanzas e dependéncias que salientábamos, atópanse as de que ningún dos dous fose alto. Así ambos tiñan a pele branca, ambos os ollos límpidos, e ambos o cabelo claro e rizo (Fig. 1 e 5 à 8). Non era coincidente Augusto, porén, coa moral sexual, o avio persoal, a inclinación da cabeza, ou a dureza da ollada do macedónio, ainda que tratou de conseguir efectos semellantes ditando leis moralizadoras, ou tentando que os outros aceptasem que posuía un magnetismo divino na ollada. Tampouco puido competir nunca con aquel en capacidade militar. Por último, as peculiaridades dos rizos do seu cabelo, tal como nolo describe Suetónio, tamén nom son alheas às do de Alexandre.





















Figura 5:
Retrato de Augusto existente no Museu do Louvre. Paris.










Figura 6:
Cabeza de bronce que representa un Augusto duns 25 anos, atopada em Meroe, Sudan. (British Museum. Londres).













Figura 7:
Estátua de Augusto como Pontífice Máximo do Museu das Termas, Roma. O penteado e a inclinación da cabeza son semellantes aos de Alexandre, e, apesar da diferencia de idade, aos das figuras 6 e 7.



            Tales similitudes descubren un indício do interese pola sua banda  para se aproximar no posíble a Alexandre, que, de confirmarse nesta análise, porian en xuízo o própio realismo das representacións que de Augusto se conservan.

        Mais, as suas pretensión de se asemellar ao macedonio non acaban aquí. Podemos pasar por alto a afirmación de Sexto Pompeio († 36 a.C.), de que Augusto era efeminado —outra das características que se lle atribuen a Alexandre—, xa que procede da boca dun inimigo, polo que talvez non sexa exacta. Mais xa non á intencionalidade que se oculta na difusión serodia duns pretendidos agoiros que precederan ao nacimento de Augusto, en todo semellantes aos que anunciaran ao de Alexandre, que moi dificilmente poderán ser considerados coma non inspirados nestes. E que, así coma o Macedonio chegou a crer que a sua nai xazera com Zeus, acerca da de Augusto pretendeuse que fora con Apolo con quen se tiña deitado.

       Alexandre tivo serias dificuldades para que tanto os gregos coma os macedonios admitisen a sua pretendida divindade. O máis que conseguiu foi que a tomasen con sarcasmo. Nisto foi ultrapasado por Augusto, que recibiu culto en vida, e o máis eminente poeta do seu tempo, Virgílio, mesmo lle fabricou unha dupla ascendencia divina, coma foi a de facelo descendere tanto de Vénus coma de Éneas.

       Asímesmo, dado que Alexandre enchera o seu mundo de Alexandrías, Augusto, para non ser menos, "fundou" tamén numerosas cidades co seu nome. Para non nos exceder na sua enumeración, citemos tan só as máis coñecidas e próximas a nós, coma Lucus Augusti, Astúrica Augusta (Astorga), Brácara Augusta, Augustóbriga, Emérita Augusta (Mérida), Augusta Gaditana, ou César Augusta (hoxe Zaragoza).

                     Fundei cidades militares coloniais en África, Sicília, Macedónia, nambas Hispánias, na 
                 Acaia, en Síria, na Galia Narbonense e na Pisídia. En Itália hai vinte e oito colonias 
                 fundadas baixo os meus auspicios (Res Gestae, 28).

       Augusto, o mesmo que o macedonio, fixo sacrifícios a Dioniso en certo altar da Tracia, e tamén a el lle aconteceu o prodixio de que se producise, ao facelo, uhha labarada que se perdeu no ceo. Non
parecen, pois,  gratuitas semellantes coincidencias, xa que, non en van, diante do túmulo de Alexandre, segundo tamén nos transmite Caio Suetonio, Augusto chegara a afirmar que «quixera ver un rei». Casualmente isto acontecía uns meses antes de que fose declarado "Imperator".


TRES AMOSTRAS DA ARTE AUGÚSTEA

         Admitido, como antes indicamos, o principio de que a arte e as imaxes reflicten o estado dunha sociedade e valores da mesma, así coma que calquera transformación na mesma conduce a unha nova formulación no ámbito das suas representacións, imos tentar comprobar agora a repercusión que puido ter na arte romana a chegada de Augusto ao poder, así coma se a produción artística deste período reflicte o seguimento do modelo de Alexandre, que as leves consideracións que acabamos de realizar parecen apuntar, e, por conseguinte, se o mesmo que tiñha feito o macedonio, puido ter sido utilizada a arte polo romano coma unha forma máis de propaganda e de lexitimación política. É
ímolo facer, de xeito especial, através das tres obras que antes indicamos.


A: O MAUSOLÉU DE AUGUSTO

        Ainda que non existe unanimidade entre os autores, parece que a construcción deste foi iniciada cando o futuro e primeiro Emperador de Roma contaba apenas 30 anos. É dicir, arredor do ano 33 a.C., quizáis coma reacción ante o feito de saber entón que Marco Antonio pretendia ser exumado en Alexandria, e que ali estaba a se construir unha tumba. Marco Antonio divorcíariase da sua irmán no ano seguinte.

       O futuro panteón de Augusto foi situado ao norte do Campo de Marte, (Fig. 2), a escassa distáncia do Tiber. Un lugar que co paso do tempo se converteróa na actual "Piazza Augusto Imperatre", en Roma. Algúns documentos consideranna un Mausoleo, mais tamén aparece denominado coma "Tumulus luliorum", sen dúbida a causa da pretensión do autarca de que servise tamén de lugar de enterramento para os seus familiares. Casual ou de xeito deliberado, o Campo de Marte era tamén o lugar ao que, habia 113 anos, desprazara Quinto Cecílio Metelo, coma botín de guerra, o famoso monumento tallado por Lisipo, en bronce, à vitória de Alexandre no rio Gránico.

       No ano 28 a. C. os traballos de construcción estaban xa o suficientemente adiantados como para permitir o acceso do público aos parques que o rodeaban.

       Estructuralmente (véxase a fig. 2), este mausoleo consistia nunha construcción circular de mármore, de 87 metros de diámetro, da que, o muro exterior, chegaba aos 9 metros de altura. A forma de cilindro interior, que sostiña no seu remate unha estatua do Emperador, media uns 40 metros, tamén de alto. Entre ambos corpos había unha encosta, con árbores. No interior foron deseñhados catro corredores concéntricos, unidos entre si. Neles, no seu momento, serían depositadas as cinzas de Augusto e da súa família. Así mesmo, diante da entrada había dous obeliscos; os mesmos que na actualidade poden ser contemplados nas prazas romanas do Quirinal e do Esquilino.

       O xeógrafo grego Strabón (64 a.C., - 24 d.C), que tivo ocasión de o contemplar xa acabado, arfirma que a estatua do Emperador era de bronce.

      Trátase, pois, dunha obra grandiosa, e de grande masa, sen precedentes sequera aproximados en Roma. Unha boa parte dos estudiosos, Paul Zankle entre eles, atopa a sua estructura escasamente coherente, ambígua, e mesmo ausente dunha mensaxe clara, a non ser a de pretender demostrar grandeza e poder. O feito de ter sido iniciada antes de que Augusto chegara ao seu máis destacado punto parece ser outro indicio do ambicioso dos seus obxectivos xa naquel intre.

      Tampouco están de acordo os analistas acerca de se o esquema desta obra é itálico-etrusco, coma consideran algúns, ou debe de ser considerado coma de influéncia monárquico-helenística. Así mesmo resulta máis que discutíble, coma pretendem outros, que o seu deseño procurase reproducir o célebre Mausoleo de Halicarnaso (Fig. 3). Este fora construído en honra do rei Mausolo de Cária, depois do ano 353 a.C., e realizado por umha auténtica pléiade de artistas, entre eles Scopas, Bryaxis, Pithias, Timoteo e Leocares. Mais unha pormenorizada análise tanto das descricións que del se conservan coma dos deseños realizados con base ás mesmas, permite descubrir enormes diferencias estructurais entre ambos monumentos. Por outra banda, si se advírte unha certa semellanza, a non ser no tamaño, entre este panteópn de Augusto e o seu coetáneo, a tumba de Cecília Metela, filla do Cónsul Quinto Metelo Crético e esposa de Marco Licínio Craso, morto fronte aos partos no ano 53 a.C. (Figs. 2 e 4).


B: A ESTÁTUA  DA  "PRIMA PORTA"


        Houbo moitísimas estatuas de Augusto en Roma. Tantas que, segundo nos refere Caio Suetónio, e recolle Alfonso Jiménez Martín, en certo momento o própio Emperador decidiu fundir oitenta delas para facer unhas trepias de ouro para o templo de Apolo, o deus do que pretendia ser descendente. Aínda así, ainda subsisten hoxe unhas 140 representacións suas, o que fai pensar que no tempo histórico por el influído debeu de haber unha cantidade autenticamente asombrosa. (Figs. 5, 6, 7 e 8).

       Entre elas a da "Prima Porta" (Fig. 8 ), é a mais memoráble. Foi atopada o pasado século nos arrabaldos de Roma, no chamado "Pomero" ou Recinto Sacro, onda Via Flaminia, a que unía Roma co norte. A este lugar retirárase a sua esposa Lívia Drusila, ao ficar viúva no ano 14 d.C. En realidade non é mais  que unha copia en mármore que esta mandara facer, reprodución segundo António Blanco Freijeiro, da sua estátua predilecta, lixeiramente posterior ao ano 20 a.C., de bronce ou de ouro. Esta da "Prima Porta" estivo policromada en dourado, púrpura, azul pardo e amarelo.




Figura 8:
Estatua de Augusto de «Prima Porta», MuseoVaticano. Roma. Nela manténse o penteado dos anteriores retratos.

        Trátase  dunha estatua de tamaño superior ao dunha persoa. Representa a Augusto en acto coma de se dirixir às suas tropas, ou ben simplemente con o xesto de mando, vestindo túnica curta, unha coiraza musculada sobre ela, e o "paludamentum", ou capote vermello de Cónsul ou de Xeneral. J. J. Martín González considéraa coma en atitude de "Consul cum Imperio", en ademán de arengar. É unha representación que se pode considerar, pois, coma "Thoracata".

       E ainda que foi atopada sen ningunha clase de aditamentos, acabou por ser dotada dun bastón consular no seu brazo esquerdo, aquel co que sostén o "paludamentum", estimándose que no dereito, erguido e estendido lateralmente, puido ter levado, así mesmo, unha coroa da Vitoria, ou qualquer outro símbolo.

       O copista preséntanolo descalzo, coma os deuses e os heróis.

      É unha obra autenticamente fermosa, e de enorme impacto. Con ela foi inaugurada a era dos retratos de pé, que haberian de seguir despois outros muitos Emperadores romanos.

      Mai alá de todas estas puntualizacións, a estatua da "Prima Porta" contén unha simboloxía e unhas connotacións auténticamente memorábles, que paga a pena que comentemos, ainda que non sexa mais que superficialmente.




A.1: O PENTEADO

          Tal como o presenta Blanco Freijeiro, entre a estatuária existente, esta que representa Augusto coma de arredor dos trinta anos de idade, amósao sempre cunha breve franxa sobre a fronte, na que sobresae unha forma de forca ou cauda de anduriña sobre o ollo esquerdo, e dous ganchos coma de tenaz garra ou, acaso, de bico de abutre, sobre o dereito. (Figs. 5, 6 e 7).

       Este xeito  de toucado, que é o que lle deu o aspecto co que pasou à história, debeu de ter sido adoptado por el, segundo estima o referido Blanco Freijeiro, entre o ano 31, data da sua Vitória en Accio, e o 27, ano no que recibiu o título de Augusto. E debeu de o manter polo menos ata o 17, (anos todos eles anteriores a Cristo), pois nese intre aparece representado nun denario cuñado na comemoración dos Xogos Seculares que o amosan de frente, e co comentado aderezo capilar. É dicir, o mesmo co que aparece tanto na estatuária que o representa aos trinta anos, —cumpridos no ano 33—, coma na excepcional talla da "Prima Porta" da que nos estamos a ocupar.

       Pois ben, tal xeito de representación, ademais de cadrar coa posterior descrición física que deste Emperador nos deixou Caio Suetónio, tampouco difere unha grande cousa da célebre "anastolé", ou rizo, que Alexandre levaba. E a sua visita à tumba deste producérase no mês de agosto do ano 30 a.C. Por excéptico que se sexa, tales coincidencias inclinan a pensar no moito que para Augusto parece ter significado o herói macedónio.


A.2: AS PERNAS

       A segunda das características a ter en conta nesta estatua atópase na sua postura. E,  en concreto, na das pernas.

       Se comparamos a de Prima Porta coa copia do Dorífero de Poliçleto, (século V a.C.), existente no Museo de Nápoles (Figs. 8 e 9), advertiremos de imediato umha enorme similitude entre elas, así coma na postura dos seus corpos.






Figura 9:
Copia do Doríforo de Policleto, do Museo Nacional de Nápoles.



       Ambas estatuas son  exsentas e poden ser contempladas desde todos os ángulos, polo que non existe dificuldade algunha en advertir que se diferencian só nunha lixeira mudanza na orientación da cabeza, a colocación dos brazos, a substituición da lanza polo bastón consular, e na vestimenta que cobre á de Augusto, en tanto que o Dorífero é representado totalmente espido. Mesmo a especie de pedra, ou pola de árbore na que se apoia este, manténse na da Prima Porta, se ben que esculpida na figura de Eros sobre un golfiñho. Algúns analistas apuntam a posibilidade de que se trate dunha representación do neto de Augusto, Caio César, nado o ano 20 a.C. Mais outros consideranno máis ben algún dos Eros que aparecen nas representacións gregas de Afrodita.

        A idoneidade desta última interpretación parece confirmada pola presencia do golfiño, considerado naquel tempo coma o animal mariño máis veloz, alegoria ao mesmo tempo da salvación, e inequívoca referência tamén, segundo Paul Zanker, à deusa Vénus-Afrodita, ascendente, xunto co herói troiano Éneas, da estirpe dos lulius, a que Augusto pertencia. Un feito que se encarregou de "demostrar" o poeta Virgílio na Eneida, coma xa comentamos.

       Mais, continuando coas semellanças entre a estatua da Prima Porta e o Dorífero, a intencionalidade da mensaxe que a primeira tenta transmitir ao espectador, neste caso de forma autenticamente subliminar, fica clara se reparamos no feito de que foi no Dorífero de Policleto onde se inspirárom as máis afortunadas representacións de Alexandre, dun xeito especial as realizadas por Lisipo de Sicion. E son moi numerosas as copias que delas se conservan, especialmente as que o amosan espido, a descansar sobre unha ou outra perna, mais sempre coa cabeza torta ou inclinada.

       O propio Lisipo, descubridor dum novo canon de proporcións, no que combina o detallismo fisiolóxico coas metáforas, admite que os seus autênticos mestres foran Policleto e a Natureza. E sabemos tamén, por outra banda, que Alexandre chegara a decretar no seu momento que ninguén o podia pintar a non ser Apeles, e tampouco ninguén fazerlle estatuas, a non ser Lisipo.

       O Dorífero de Policleto representa un mozo asindo unha lanza, ainda que nunha posición, ou cun paso, considerado polos expertos coma practicamente imposíble, circunstáncia que se advirte ao contemplalo de perfil. O Dorífero (Fig. 9), inclínase para atrás, de xeito que a sua postura semella unha simple disculpa para mostrar o seu corpo de acordo cos princípios de anatomia da medicina hipocrática, cunha enorme atención a todas as partes. Unha actitude na que calquera alteración influiría en todas as demais posturas.

       A denominación, Dorífero, provén de "Doru" ou lanza de guerra. A que leva. Agora ben, o personaxe mitolóxico por excelencia que portaba unha destas lanzas, e o que mellor a manexaba, foi Aquiles. Polo que começou a sospeitarse que o Dorífero podía ser  unha representación sua. Para que non houbesse demasiadas dúbidas acerca desta posibilidade atopáronse moitas réplicas pequenas do Dorífero, en bronce, às que se denominan precisamente "Aquiles". E Aquiles, desexoso sempre de ser o melhor en todo, é a encarnación do ideal homérico. Esta máis que prováble representación sua, realizada por Policleto, preséntanolo coma modelo da "paideia", ou correcto equilíbrio. Ou sexa, no punto medio de todo, dentro da perfeición matemática conseguida polo cánon de sete cabezas que o seu autor utilizaba: nin maior, nin xoven, e nun intre de repouso.






Figura 10:
Copia en bronce da cabeza do Doríforo de Policleto (Museou Nacional de Nápoles), materialización e paradigma dos ideais da «paideia» grega.




        Mais Aquiles, herói leonino, tamén por excelência, representaba asímesmo o paradigma do home admirado por Alexandre. E sabemos que o grande Aristóteles, o seu preceptor, procurou educá-lo sempre a través dos princípios morais presentes na Ilíada, até o extremo de que o seu discípulo durmia cun exemplar da mesma perto dele. Un código moral baseado nos princípios de xenerosidade, lealdade, apostura e valentia.

       Non pode por iso sorprender que de Alexandre portando unha lanza fixese Lisipo o seu, segundo Peter Bamm, máis famoso traballo en mármore, que, ainda que perdido, perdura na memória mercê à pormenorizada descrición que del nos deixou a pluma de Plutarco († 120). Semellantes connotacións semellan explicar por que tamén a máis lograda das estátuas de Augusto está tan claramente inspirada polo Dorífero. O mesmo Paul Zanker considera que o retrato de Augusto «é unha creación plenamente meditada, unha face artística na que se combinam con subtileza as trazas fisionómicas e as formas clásicas» ainda que provablemente «tivese pouco que ver co seu aspecto real».

       Reafirmando esta posibilidade, a figura 11, unha copia romana en bronce do Dorífero, se ben que carente da marcada "anastolé" alexandrina doutras representacións,  amósanos no seu excelente primeiro plano unha orientación da cabeza e un ordenamento capilar escasamente afastados dos habitualmente adoptados por Augusto tanto na estatuária coma na descrición física que del realizou Caio Suetónio. E non se afasta tampouco da representación que de Alexandre podemos admirar na Fig. 1, considerada de Lisipo.


A.3: OS RELEVOS DO PEITORAL

        Por último, merece unha especial atención a coiraza desta estatua, porque, sobre ela, foron representadas en finos relevos as principais apoteoses do reinado de Augusto. O cal, ademais, representa iconográficamente todo um compendio de alegorias,  metáforas e  simboloxía (Vexanse as Figs. 8 e 11).






Figura 11:
Detalles do peitoral da estatua da «Prima Porta».



       De esquerda a dereita e de enriba para abaixo, compendiando as lecturas que dela fixéron Garcia Bellido, Paul Zanker, José Pijoan, Blanco Freijeiro, Tim Cornell, e John Mathews, pódense advertir as seguintes representacións:

        En primeiro lugar, as Esfinxes das suas lapelas, seres guardiáns do mundo, relacionadas ademais coa nova era, a comezada baixo o goberno de Augusto, símbolos ao mesmo tempo de Apolo Salvador, suposto pai seuo.
       Xa no peto, aparecen a Cuádriga do Sol, à sua dereita Caelus, estendendo a cuberta do firmamento, e, de seguido, a Lúa, que oculta en parte à figura con alas da Aurora, a verter o orvallo do seu xerro. Entre ambas hai un Fachico, símbolo lunar, segundo o poeta Quinto Horácio Flacco.

       Na segunda ringleira, dúas figuras femininas en actitude abatida: a da esquerda semella representar os pobos xermanos, tributarios aínda que non submetidos —daí que conserve a espada—, e a da dereita, os pobos célticos do ocidente, como se deduce pola presença anda ela do porco bravo. No centro aparecen os bárbaros do Eufrates devolvendo ao deus Marte, ou talvez ao própio Augusto, ou coma interpreta Blanco Freijeiro, a Tibério e à loba Capitolina, os estandartes que lle tomaran aos romanos en diversas ocasións.

                        Das Hispánias, das Gálias e dos dálmatas, recuperei, depois de vencer ao inimigo, 
                   moitos estandartes militares que perderan outros xenerais. Obriguei aos partos a me 
                   devolveren os despoxos e os estandartes de três exércitos romanos e a que procurasen 
                  coma suplicantes a amizade do pobo romano. Estes estandartes depositeinos na capela                         mais interior do templo de Marte Vingador. (Res Gestae, 29).


       Os indicados estandartes foron realmente recuperados por Augusto nos anos 25, 23 e 20 a.C., respectivamente, ainda que por medios diplomáticos, non militares, coma parece insinuar.

       A fileira inferior mostra outras tres representacións. A da esquerda é Apolo, coa sua cítara, sobre un grifo, en tanto que a situada à dereita é a sua irmá, Diana-Artemis, levando unha carcasa às costas, montada nun cervo. Ambos parecen estar a protexer, coma deidades predilectas da casa imperial, a imaxe central, ligeiramente mais baixa, que representa a Terra nutrícia, coa sua cornucópia da abundancia.

       O grifo que monta Apolo é ao mesmo tempo o vixilante da salvación, que para Augusto encarnaba ao própio Apolo, mentres  que o cervo que conduce Diana simboliza o renovamento e a elevación.

        Mas Apolo, os cabelos dourados do cal, estendidos arredor da cabeza, simbolizan normalmente, ademáis da energia, os raios solares, poderia representar nesta ocasión outra velada alusión a Alexandre, xa que o nome dese deus deriva etimologicamente de "apolion",  "do fondo do león". E de Alexandre sabemos que lle era conferido un carácter leonino nas suas representacións. O home de aspecto leonino encarnaba tamén a "areté", ou excelencia física e moral, o paradigma humano que trataba de transmitir o macedonio, inspirado en Aquiles e na Ilíada. Así, os cabelos fôron tamén considerados na antigüidade coma unha manifestación de energia e de forzas superiores, simbolizando ademais a fertilidade, segundo se encarregou de nos transmitir Oríxenes de Alexandria († 254).

       Esta posíble asimilación ou identificación de Alexandre con Apolo, á que nos conducen as metáforas da iconografia deste peitoral, deducesee tamén do busto que do mesmo existe no Museo Capitolino de Roma, que reproducen tanto a Historia del Arte, de Salvat coma o libro de Manuel Bendala. É mais que dubidoso, porén, que o mesmo poida ser da autoria de Lisipo. Nel divinízase a Alexandre equiparándoo claramente co deus solar Hélios.

       Respeito desta excepcional talla, a primeira das obras citadas, consideraa unha imitación da estatua do Sol realizada por Cares de Lindos no século III a.C. para o porto de Rodas. E Apolo, coma deus, entre outras moitas cousas, da luz, é identificado tamén habitualmente co Sol. O que nos leva de novo à relación Alexandre-Apolo. Non esquezamos tampouco, a este respeito, que o carro do Sol aparece sobre Apolo neste mesmo peitoral, mentres que é a Lúa a que é situada sobre Diana.

                     Construín a Cúria e o seu vestíbulo anexo, o templo de Apolo no palatino... (Res                              Gestae, 19).

                     No Capitolio consagrei ofrendas procedentes do meu botin de guerra aos templos do                      Divino Iúlio, de Apolo, de Vesta e de Marte Vingador, que me custaron uns cen millóns de                    sestercios (Res Gestae, 21).


C: O  "ARA PACIS AUGUSTAE"

                        Cum ex Hispania Galliaque, rebus in iis provincis prospere gentis, Romam redi T.                          Nerone P. Quintilio consulibus, aram Pacis Augustae senatus por reditu meo                                        consacrandam censuit ad campum Martium, in que magistratus et sacerdotes virginesque                    Vestales anniversarium sacrificium facere iussit.

                         Cuando voltei a Roma dende Hispánia e a Gália, durante o consulado de Tibério                          Neron e Públio Quintílio, despois de ter levado adiante unha série de operacións                                  vitoriosas nestas províncias, o Senado, para honrar o meu retorno, votou a consagración                    dun altar à Paz Augústea no Campo de Marte, e encarregou que neste altar os                                      magistrados, os sacerdotes e as virxes Vestais fixesen un sacrifício cada aniversário.
                        (Res Gestae, 12).



       Con estas palabras refire o propio Augusto os motivos que propiciaron a erección do monumento que agora nos ocupa: o seu retorno das campañas que indica ter acometido no ano 13 a.C., polo que o comezo das obras pode estimarse que debeu de ser no mesmo ano, sendo rematada catro depois, no 9 a.C.

       O lugar elexido para a sua situación foi a porta de acceso à cidade a través da Via Flamínia, a mesma pola que chegara. É dicir, algo máis ao sur do lugar que ocupaba o seu Mausoleo.

       Perdida xa a memoria deste monumento, no ano 1568 foron descubertas no indicado lugar 9 placas de mármore, entre elas a da figura 16, que foi acertadamente interpretada coma unha alegoria à Terra, à auga e ao aire. Estes fragmentos irian parar aos museos do Louvre, Florencia, Vaticano, Villa Médici ou Viena, en tanto que outros foron incorporados ao palacio de Fiano, edificado no mesmo lugar. Tres séculos despois deste acontecimento, no ano 1879, F. vomn Dunh advertiu a posibilidade de que puidesen pertencer ao "Ara Pacis", ao reparar nunha parte do "Carmen Saeculare" de Quinto Horácio: "Que a terra, fértil en frutos e en gando presente a Ceres umha coroa de espigas".

       Na mesma liña de investigación, o arqueólogo austríaco, Petersen, demostrou algo máis tarde a unidade de estilo de todos aqueles fragmentos, polo que no ano 1902 fixéronse novas escavacións, que conducíron à localización do basamento do "Ara Pacis" a 5 metros de fondura, e doutros restos da mesma debaixo das rúas próximas.

       Ao longo dos anos 1936-37, en plena exaltación fascista, practicáaronse outras e máis rigorosas prospeccións no lugar, que permitíron, en 1938, na celebración do bimilenário de Augusto, a inauguración da reconstrucción do histórico monumento, unha vez ensambladas a maioria das figuras que inicialmente o constituíran. O lugar onde se fixo, nom foi, sen embargo, o mesmo no que fora  erixido, senón situado a certa distancia do auténtico, entre o Mausoleo e o Tíber, onde pode continuar a ser admirado na actualidade (Fig. 12).







Figura 12:
Reconstrucción do «Ara Pacis» de Augusto.



       Segundo a Historia del Arte de Salvat, trátase dunha especie de Fano, ou lugar alto, consagrado a un numen. Neste caso á Paz. Para Zanker, en esencia, o "Ara Pacis" repite as proporcións do altar das 12 divinidades do Ágora de Atenas, aínda que de xeito máis modesto. E, por ser romano, non amosa no seu interior ningunha representación.

        E se ben que as distintas obras consultadas difiren lixeiramente respecto às medidas do "Ara Pacis", podemos dicir que os seus paramentos de mármore son de algo máis de 11 metros de longo, por algo máis de 10 de ancho, e uns 6 de alto. É unha construcción descuberta ou "hipetro", situada  sobre un pódio, e ten dúas portas, unha orientada ao leste e a outra cara ao oeste, que na reconstrucción foron situadas, lamentablemente, para o norte e o sur respectivamente. O feito de que o templo de Iano, no Foro, que Augusto fechara en conmemoración do final das distintas guerras dos anos 29 e 25 a.C., e que voltaria a fechar un ano despois de ser acabado o "Ara Pacis", tivese tamén dúas portas, permite relacionar alegóricamente entre si ambas construccións.

       Seguindo a J. J. Martin Gonzales, digamos tamén que mesmo considerando que esta obra se debe a artistas gregos, é fundamentalmente romana, segundo se deduce da intensidade dos motivos, da súa composición un tanto monótona, e dos efeitos da súa perspectiva. Estes foron conseguidos por medio da utilización de diferentes planos nas tallas: baixos-relevos e medios-relevos nas escenas históricas e a follaxe acantiforme, e o alto-relevo, para grinaldas sustituídas por bucránios.

       O material principal utilizado na realización deste edículo foi o mármore de Carrara.


C.1:  O INTERIOR

       O Ara propiamente dito atópase no interior, e está decorado cum soco de táboas. Sobre el hai outro de bucránios con grinaldas de loureiro, rosas e distintos frutos, así coma fitas ondeantes, evidentemente relacionadas coa idea de sacrifícios. Todos estes eran motivos habituais xa na época republicana, ainda que se utilizaran tamén no famoso altar de Pérgamo, realizado por Antígono Isigono, Firómaco, e Estratonico depois do ano 239 a.C.

       Os frutos reproduzidos no "Ara Pacis" son os própios do verán e do outono, cada un acompañado da súa follaxe característica, gardando sempre a necessária simetria. Foron representados de perfil nos extremos, e de frente na parte media de cada unha das súas vinte curvaturas, sobre cada unha das cales aparece unha patena de metal, decorada con lingüetas, ou cunha roseta arredor do seu respectivo umbo.


C.2:  O EXTERIOR

       Son xa moi diferentes as formas decorativas que nos ofrecen os parametros exteriores da obra (Fig. 12).

       En primeiro lugar temos que nos referir ao seu soco. Está revestido cunha ostentosa decoración vexetal ata o momento nunca utilizada en Roma, a base de Roleos de Acanto, dos que surden outras con flores, palmetas, flores, ou lilios exípcios, poboados todos eles de variada fauna. No seu conxunto e posiblemente mercê ao seu escaso relevo, contribúen a producir unha impresión de serenidade.

       Coma explicación complementar digamos tamén que as follas de acanto simbolizan a consciencia e a dor do pecado, en tanto que a palmeira é a terra celeste, as uvas a fertilidade e o sacrifício, e os bois o atributo da agricultura e da fundación.

       Mais no cálice de fina caule de colocásia que agroma entre os roleos, balancease un cisne de alas despregadas e curvo pescozo. Unha escena que se repete a intervalos. Trátase, evidentemente, da ave favorita do protector de Augusto, o deus Apolo, ao proclamara rei da nova Idade de Ouro a Sibila de Cumas.

       Cumas atópase na Campánia, no Sur de Itália, e nela subsiste aínda a cova na que viveu esta, ao que parece en tempos de Tarquino o Soberbo (534-510 a.C.). Mais non semella fortuita a súa incorporación a esta metáfora, pois, ademais de ter sido considerada tamén amante de Apolo, esta Sibila aparece na Eneida recibindo a visita de Eneas, outro dos "antepasados" de Augusto.

       Teimando sobre o mesmo, o própio Virgílio anunciara apenas uns anos antes: "Iam regnat Apolo", é dicir: "Reina xa Apolo" e, aproximadamente polo mesmo tempo no que se acababa o "Ara Pacis", encargábase tamén Diódoro Sículo de dar a coñecer novos elementos  respeito a deste polifacético deus.

       Semellante reiteración fai que nos teñamos que deter agora cun certo vagar no mesmo personaxe. Porque Diódoro Sículo é autor dunha especie de monumental, e en moitos aspectos admiráble, "História Universal" en 40 libros. E no segundo refire, entre outras moitas cousas a respeito del, que Apolo era un hábil tocador de cítara, tal como aparece na representación do peitoral da estátua da "Prima Porta". Mais tamén se ocupa do culto e das connotacións astronómicas que, tanto este como a sua irmá Diana, recibían en certo templo circular da illa dos hiperbóreos, que polos dados xeográficos que achega, podemos identificar claramente con Británia, o lugar onde nascera a mai de ambos, Leto, ou Letona.

       O feito careceria de importancia de non ser porque a referencia está tomada de Hecateo de Mileto, autor de arredor do ano 500 a.C., e polo feitoo de que, pouco despois do ano 600 a.C. o poeta Alceo de Lesbos comentara tamén o seguinte:

                         Cando naceu Apolo, Zeus adornouno coa Mitra de ouro e enviouno a Delfos nun        
                    carro tirado por cisnes. Entón os habitantes de Delfos entoáron o hinno... e coros de  
                    doncelas agrupadas arredor da trépia rogaban ao deus para que se dignase vir dende o 
                    país dos hiperbóreos.

        Estas sorprendentes informacións compleméntanse coa recollida por Aelian de Praeneste, un compilador que vivíu máis tarde,  entre os anos 170-235, tomándoo tamén, moi posiblemente do indicado Hecateo de Mileto:

                         Os cisnes voan arredor do templo, puriticándoo en certo xeito co seu vo. Despois                             póusanse no pátio do enorme e fermoso recinto. Entón, cando os visitantes entoan os 
                    seus hinnos e se extinguen os acordes das cítaras pulsadas polos músicos, chegan dende 
                    os Rifeos grandes bandadas de cisnes que descenden en círculos e toman parte no canto                      sagrado.

          Na complexa simboloxia de metáforas que conteñen as obras de Augusto, e a sua própia actuación, a alusión e as referencias a Apolo son constantes, e esta dos cisnes representados no "Ara Pacis", alcanza unha sorprendente e inesperada dimensión espacio-temporal, capaz de manterse por si mesma aínda que nos tomásemos a molestia de pasar por alto a relación Apolo-Alexandre anteriormente detectada.


C.3:  A PROCESIÓN CÍVICA

        Mais o principal dos tesouros do "Ara Pacis" atópase no friso superior destes paramentos exteriores, concretamente nas fachadas laterais e posterior. Recibe o nome de Processión Cívica (Figs. 12 e 13), e considérase o monumento máis relevante da escultura romana. Está afastado da decoración inferior, a que acabamos de describir, por unha fermosísima greca de decoración vexetal.







Figura 13:
A Procesión Cívica do «Ara Pacis», representación da efectuada o 30 de xaneiro do ano 9 aC., na que Augusto fixo un sacrifício ao seu antepasado Eneas.



         O nela representado é o acto efectuado o dia 30 de xaneiro do ano 9 antes de Cristo, pouco antes da inauguración do Santuário. Nesa data, Augusto fixo un sacrifício ao seu antepassado Eneas. A talla parece ter a finalidade de servir de oportuno guieiro para a liturgia que alí mesmo, e cada ano, deberíase de celebrar, segundo fora disposto, e nolo lembra a Res Gestae, os magistrados, os sacerdotes e as vestais.

        Os personaxes que nesta procesión aparecen non son ningunha abstracción, senón reais, e na sua maioria, perfeitamente recoñecíbls: Augusto, revestido coma Pontifex Maximus, acompañado de maxistrados, lectores e, detrás, o séquito: Lívia, o seu xenro Agripa, falecido tres anos antes, Tibério, Antónia, que leva da man ao pequeno Germánico, o xoven Druso, vestido de xeneral, naquel intre  en campaña, e detrás del, Mecenas. As crianzas contribúen a encher o espació e poden aludir ao interese de Augusto por conseguir aumentar a natalidade no Império. A continuación aparecenm Snadores e patrícios coas súas togas e coroas de loureiro.

        Noutro lugar aparecen tamén as vestais, os leitores que as escoltan, os sacerdotes, os maxistrados, e os vitimários, así como as vítimas a sacrificar, un bode para Iano e dous bois para Xúpiter.

       Os painéis non están completos, pois unha parte da procesión atópase agora no Louvre parisino.

       Augusto aparece no medio dos leitores. Mais, a pesar de ser un home máis ben baixo, coma se ten comentado, o artista amósanolo  de maior estatura do que os outros.

       Coma recurso para dar profundidade à representación, as figuras do fondo están menos elaboradas e resaltadas. A representación ten sido comparada en simbolismo coa das Panateneas, no Partenon. Mais non é esta posíble evocación mais que a liberdade expresiva e a finura da súa execución o que fixo deste friso un marco da plástica romana.


C.4:   A ALEGORIA À DEUSA TELLUS

        Outra das placas en relevo do friso, situada na parte posterior do monumento, (Fig. 14), é a que se considera dedicada à deusa Tellus, é dicir,  à Terra.

       Nela a deusa aparece sentada sobre unha rocha, con dous nenos nos brazos, arrodeada de espigas, plantas e animais. Tanto a iconografía coma o porte poden suxerir que se trate de Vénus —vestimenta—, Ceres —frutos—, ou Tellus, polo asento, aludido tamén à fecundidade e à Pax Augusta. Mais o "Carmen Saeculare" de Horário tan ligado às actuacións áulicas do momento, inclina a pensar en Tellus: «Fertilis frugum pecorisque Tellus spicea donet Cererem corona» (Que a Terra, fértil en frutos e gando, presente a Ceres unha coroa de espigas).

       Debaixo dela aparecen unha rés e unha ovella. Paul Zanker apunta moi oportunamente o feito de que unha rés e unha espiga foran utilizadas xa nas moedas de Augusto dos anos 27 e 26, coma símbolos da promisión da paz, o que, nunha última instancia, ofrece a posibilidade de advertir a mensaxe que se pretende transmitir nesta representación respeito á relación entre a Terra e a súa riqueza, coa Pax Augustea.







Figura 14:
 «Ara Pacis»: a alegoria à deusa Tellus.



        As representacións que a escoltan, consideradas por Zanker como Auras, ou ventos, e por ninfas acuáticas por Blanco Freijeiro, aparecen a primeira sobre un monstro mariño, e a da terra enriba dun cisne —unha vez más— na xunqueira dun rio, simbolizado este por un xerro caído, humidade xeradora. Elas contribúen a transmitir, segundo o mesmo Blanco Freijeiro, a idea da irmandade entre a prosperidade traída por esta paz, e a vitória de Augusto, que a propiciara.


C.5:  O SACRIFÍCIO DE ENEAS

        Esta representación atópase na parte superior dereita do friso, na entrada ao santuario. E pódese  seguir a través das figs. 12 e 15.

       Nelas aparece Eneas con Toga, aínda que sem túnica, coma segundo Caio Plínio eran representados os reis de Roma nas estátuas do Capitólio. O momento elexido é o da sua ofrenda de frutos aos Penates, divinidades protectoras dos lares, rescatadas de Tróia. Estas aparecen no interior do templo situado à esquerda, obra que o própio Eneas prometera construir. Asístemno dous adolescentes romanos, aínda que con vestimentas do tempo de Augusto, aos que olla o herói que, como tal, está descalzo.

       Eneas, que leva unha lanza na man, símbolo da sua dignidade, ou quizais coma  metáfora de Alexandre, presenta tamén un grande parecido con Augusto. De Ascánio, que mantén as suas vestes troianas e porta a vara de pastor, non se conserva máis do que un fragmento.







Figura 15:
«Ara Pacis»: o sacrifício de Eneas.



        No relevo situado á esquerda da porta, un dos peor conservados do Ara (fig. 12), advírtese Marte observando a loba Capitolina no momento de amamantar aos gemelos Rómulo e Remo. Zanker estima que nel debian de figurar tamén a figueira, debaixo da que atopara ao pastor Faustulo, así coma o páxaro de Marte, que axudara a alimentalos.

       Son escenas cheas todas elas de intencionalidade, xa que Eneas é considerado como antecesor da Gens Iulia. Trátase, pois, de lembrar a todos quen é realmente o Divino Augusto.


C.6: O "SOLARIUM AUGUSTI"

       Non se pode falar do "Ara Pacis", sen nomear esta outra interessante construcción, imediata a ela, inaugurada no ano 10 a.C., un antes do remate de aquel, e como complemento seu (Fig. 16).

       En realidade non é máis que um relóxio solar. Mais tamén e coma non podia ser menos, o maior do mundo. O seu Gnómon, ou agulla, era un obelisco de 30 metros de altura traíido de Exipto. Así mesmo, o dia 23 de setembro de cada ano, data do nacemento de Augusto, a sua sombra apontaba directamente ao "Ara Pacis".







Figura 16:
Reconstrucción hipotética do «Solarium Augusti», nunha tarde do dia 23 de Setembro, aniversario do nacemento do Emperador.




       Non é esta, sen embargo, ningunha innovación. Recorrer aos coñecemento astronómicos para sinalar efemérides ou festividades foi coñecida xa en moitas culturas antigas, está estudada por especialistas e foi moi ben compendiada por Edwin Krupp em 1978. Curiosidades semellantes às desta obra de Augusto podódense observar, por exemplo, no túmulo de New Grange, en Irlanda, onde, dende aproximadamente o ano 3200 a.C., no solstício de inverno, e durante 17 minutos, o sol ilumina a tumba situada no seu interior, a case 80 metros do orifício de entrada. Acontece así mesmo en Stonehenge, Inglaterra, unha construcción na que, entre outros moitos coñecementos astronómicos, dende o 1500 a.C. unha das suas pedras, a denominada Heel Stone, sinala o punto polo que surde o sol no solsticio de verán.

        O motivo máis próximo que puido ter inspirado este recurso para o "Solarium Augusti" parece que debemos de o procurar, porén, no famoso templo de Ramsés II, en Abu Simbel, acabado polo ano 1250 a.C. Nel, demais de existir unha aliñación iluminable na alba do solstício de inverno, existe outra, de tamaño parecido à de New Grange, na que o sol chega a acariciar a estatua de Ramses, colocada nunha pequena capela ao fondo do templo, o dia 18 de Outubro, data tamén do seu nacemento.

       Ao noso xeito de ver, pois, este "Solarium Augusti" é outra mostra máis do egocentrismo, a vaidade e os desexos de ostentación de Octávio César Augusto, o primeiro Emperador de Roma.

       Blanco Freijeiro estima tamén que o "Ara Pacis", aínda coas suas reducidas dimensións, pode ser considerada, no que ao tempo de Augusto se refire, coma o Partenon de Pericles. O que non parece ofrecer ningunha dúbida é que neste pequeno edículo tentouse facer un xeito de resumo da história de Roma, combinando a tradición helenística co realismo etrusco, ou as grinaldas republicanas, co espírito do Império, representado, coma non podia ser menos, pola família de Augusto. No "Ara Pacis", este aparece retratado coma duns 50 anos, se ben que, por ser a encarnación dun ideal, a sua fisionomia presenta mínimos cambios respeito a anteriores momentos da sua dilatadísima vida pública.

       Semella resultar tamén clara a conexión e a unidade conceptual que ofrecem os frisos do "Ara Pacis" respeito aos relevos da coiraza da estátua da "Prima Porta", tanto no aspecto artístico como nas suas simboloxia e metáforas.


CONCLUSIÓNS

       Da breve incursión que acabamos de realizar a través destas obras do tempo de Augusto seméllanos poder constatar:

A) Que este parece ter tratado de remedar en todo momento, e facerse parecer a Alexandre (Figs. 1, 5, 6, 7 e 8).

B) Que foi por medio de metáforas visuais que o relacionaban tanto co macedonio coma coas divinidades coas que se fixo entroncar, ben através do seu pai adoptivo, Xúlio César, xa recorrendo ao suposto adulterio da sua própia mai co deus Apolo, coma tratou de potenciar as excelencias tanto da sua capacidade, como a idoneidade do seu goberno unipersoal.

C) Fica tamén patente a inspiración helenística das suas obras artísticas, en xeral grandiosas, ainda que procuren manter sempre na sua composición a orde equilibrada da escultura romana (Figs. 2, e 12 a 16).

D) Os retratos están animados de patetismo grego e amosan o aceno de quen aspira a un poder que outros lle disputan, tratando ao mesmo tempo de aparecer neles, coma estima Blanco Freijeiro, como a encarnación ideal do príncipe, para conseguir o cal se fizo representar tal como queria ser lembrado: mozo e melancólico, se ben que oprimido ao mesmo tempo polos seus deberes e responsabilidades. Para J.J. Martín González estas representacións responden máis a un critério político que a un estético. Quixo amosarse aos ollos do pobo coma un gobernante bo, inteligente e poderoso, sen que a vellez  asomase nunca à sua face. (Figs.5 a 16).


E) Os estudos de Zanker demonstran, así mesmo a orquestación pola sua banda na utilización das imaxen, tanto as artísticas como as da numismática, ata o extremo de que xa en 1946, momento no que esta clase de estudos no facian máis  que começar a se insinuar, chegara R. Bianchi Bandinelli a advertir na arte de Augusto a expresión dun sistema político autenticamente reaccionário.


F) Contou, ademais, como aconteceria depois del a todos os  Emperadores e a cantos autócratas no mundo houbo, e hái, coa complicidade dos máis destacados escritores do seu tempo. A sua própia Res Gestae non parece máis que unha tentativa para xustificar e convencer, tanto  respeito da sua capacidade, coma do seu "charis", o seu "ethos", a sua "fronesis", a sua "philantropia" ou a sua "sofrosine", por citar tan só algúns dos paradigmas utilizados coa mesma finalidade polos reis e déspotas helenísticos aos que, a través sempre de Alexandre, tratou de remedar.

       Así, parece que a nosa análise nos permitiu encontrar sobradoss motivos para considerar que, o mesmo que Alexandre, Augusto utilizou desvergoñadamente a arte coma un medio de propaganda e legitimación política. Alexandre coma xeito para conseguir a sua cobiza de domínio mundial, e Augusto para lexitimizar a imposición da sua monarquia en Roma, logo de cinco séculos de república (510 a 30 a.C.).


————— BIBLIOGRAFÍA PRINCIPAL —————


AUGUSTO, Octávio César (1969): «Hechos del Divino Augusto», en Biógrafos y Panegiristas Latinos. Aguilar. Madrid.

AUGUSTO, Octávio César (1985): «Res Gestae Divi Augusti», en Augusto. História 16. Madrid.

BAMM, Peter (1968): Alejandro Magno y su tiempo. Círculo de Lectores. Barcelona

BENDALA GALÁN, Manuel (1988): Las claves del arte griego. Ariel. Barcelona.

BLANCO FREIJEIRO, Antonio (1989): Roma Imperial. Historia del Arte 16. Madrid.

BLANCO FREIJEIRO, Antonio e FATAS, Guillermo (1985): Augusto. Historia 16. Madrid.

BRIANT, Pierre (1989): Alejandro Magno, de Grecia al Oriente. Aguilar Universal. Madrid.

CIRLOT, Juan-Eduardo (1991): Diccionario de Símbolos. Labor. Barcelona.

CIZEK: Neron. Trajan.

CORNELL, Tim e MATTHEWS, John (1989): Roma. Círculo de Lectores. Barcelona.

ELVIRA, Miguel Angel (1989): El arte griego (III). Historia 16. Madrid.

ESLAVA GALÁN, Juan (1989): Roma de los Césares. Planeta. Barcelona.

FERNANDEZ URIEL, Pilar, e VAZQUEZ HOYS, Ana Maria (1994): Diccionario del Mundo Antiguo. Alianza Editorial. Madrid.

FREDOUILLE, Jean-Claude (1996): Diccionario de Civilización Romana. Larousse-Planeta. Barcelona.

GRIMBERG, Karl (1982): Roma. Daymon. Barcelona.

GRIMBERG, Karl (1966): Grecia. Daymon. Barcelona.

HAUSER, Arnold (1989): História Social da Arte e da Cultura. 2 Vols. Estante Editora. Estarreja.

HOWATSON, M.C. (1991): Diccionario de Ia Literatura Clásica. Alianza. Madrid.

JIMENEZ MARTIN, Alfonso (1987): Las Claves del Arte Etrusco y Romano. Arin. Barcelona.

KOVALIOV, S.I. (1979): Historia de Roma. Madrid. 3ª edición.

KRUPP, Dr. Edwin (1978): As Antigas Astronomias. Europa-América. Mira-Sintra.

LEON ALONSO, Pilar (1989): El Arte Griego (II). Historia 16. Madrid.

LEVI, Peter (1988): Grecia. Cuna de Occidente. Círculo de Lectores. Barcelona.

MANGAS, Julio (1988): La Roma Imperial. Historia 16. Madrid.

MARTINEZ GONZALEZ, J. J. (1986): Historia del Arte. Gredos. Madrid. 4ª edicción.

MORKOT, Robert (1996): Historical Atlas of Ancient Greece. Penguin. Swanston Publishing. Avon.

O'KELLY, Claire (1984): Concise Guide to New Grange. Houston Printers. Cork.

PAULO OROSIO (1982): Historias. 2 VoIs. Gredos. Madrid.

PAULO OROSIO (1976): Le Storie contro i Pagani. 2 Vols. Mondadori. Verona.

PIJOAN, José (1972): Summa Artis. Vol. V. Espasa-Calpe. Madrid. 6ª edicción.

RACHET, Guy (1996): Diccionario de Civilización Griega. Larousse. Planeta. Barcelona.

SAMARANCH, R (1969): «Hechos del divino Augusto», en Biógrafos y Panegiristas latinos. Aguilar. Madrid.

SCARRE, Chris (1995): Historical Atlas of Ancient Rome. Viking. Bath.

SUETONIO TRANQUILO, Gayo (1969): "El Divino Augusto", en Biografos y Panegiristas latinos. Aguilar. Madrid.

TORRES RODRIGUEZ, Casimiro (1982): La Galicia Romana. "Pedro Barrie de Ia Maza". Coruña. 1982.

VV.AA. (1993-96): EI mundo griego. 2 Vols. Universidad Nacional de Educación a Distancia. Madrid.

VV.AA. (1964): Biógrafos Griegos. Aguilar. Madrid.

VV.AA. (1969): Biógrafos y Panegiristas Latinos. Aguilar. Madrid.

VV.AA. (1976): La Romanización de Galicia. Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos. Coruña.

VV.AA. (1979): Historia del Arte. Tomo II. Salvat. Barcelona.

VV.AA. (1982): España Romana. La conquista y la explotación económica. Espasa-Calpe. Madrid.

VV.AA. (1985): El poder de Roma. Altamira. Madrid.

VV.AA. (1986): España Romana. Gredos. Madrid.

VV.AA. (1991): Enciclopedia del Arte. Garzanti-Edicones B. Barcelona.

VV.AA. (1993): Louvre. Les Collections. Réunion des Musées Nationaux. Paris.

VV.AA. (1997): Italia. El Pais-Aguilar. Madrid.

VV.AA. (1998): Personajes históricos griegos y romanos. Itsmo. Madrid.

ZANKER, Paul (1992): Augusto, y el poder de las imágenes. Alianza. Madrid.



(Publicada o ano 1999 no número 58 da revista Agália).

- Outros traballos relacionados con este:

-"Vidas paralelas. Alexandre-Augusto: A Arte ao servicio do poder" (Toxosoutos, Noia, ano 2001)

Comentarios

Entradas populares de este blog

O VALEDOR DO REINO