O valedor do reino (Peza histórica en catro actos) Limiar. Acto I. "E así, Cresconio, nacido de nobilísimo liñaxe, resplandeceu coa luz de tanta nobreza que, có notable valor do seu exército, acabóu cos normandos que invadiran esta terra, e ergueu muros e torres para defender a cidade de Compostela. E despois de finalizar esta igrexa de Santa Maria que el mesmo, coa axuda de Deus construíra, xa ao cabo da sua vida, cando se encamiñaba ao castelo do Oeste, que fixera para defensa da Cristiandade, na era 1106, -ano 1068-, foi abatido pola acometida da temible morte". "Historia Compostelana", 1.2, 10. (1107-1120) "Et a sua morte foy elegido por obispo de Yria et de Santiago don Cresconio, varon moy noble, de boa generaçom et moita nobleza, lampada resplandeçente, librou toda a terra dos normanos et frandeses et dos barbaros et ismaelitas, que a tiinan ocupada et cativada, et ac
Comentarios
Publicar un comentario