O INCÓGNITO MONTE ZEPHIRO DA "ORA MARÍTIMA"
O vello "Periplo" Cúmplense agora, aproximadamente, 2.550 anos do momento no que un descoñecido mariñeiro grego fixo unha viaxe que había de ter profundas repercusións. Partindo da entón recén fondada Massilia —hoxe Marsella— este ignoto navegante conduciu a súa embarcación ata as riveiras atlánticas. Unha auténtica primicia exploratoria, que aínda hoxe nos enche de admiración. Con todo, e sen embargo, esta excepcional viaxe tería sido esquecida por completo de non se ter dado a feliz circunstancia de terse tomado este home o empeño de redactar un Periplo sobre a mesma. Un Periplo era, traducido á linguaxe actual, un relato ou primitivo Manual de navegación. A falta de mapas, e doutras das axudas técnicas coas que agora conta a náutica, os Periplos da antigüidade, ofrecían tamén indicacións sobre as distancias, ventos, correntes, ou orientacións, imprescindibles para recoñecer, e mesmo evitar, os distintos accidentes marítimos. |
Mais
eran tan precisos que, no pasado século, durante a Guerra de Crimea, as
flotas occidentais que loitaban coa Rusia zarista, rexeitaron os modernos
mapas cos que contaban, para utilizar o xa dúas veces milenario "Periplo
do Ponto Euxino", redactado polo grego Artemidoro arredor do ano 90
antes de Cristo, moito máis fiable.
|
Voltando
ao que nos ocupa, digamos tamén que o Periplo daquel descoñecido navegador
atlántico foi recollido, e complementado, coa adición de novos datos, por
outro autor grego, algúns séculos òsterior. Por último, uns mil anos máis
tarde da realización da viaxe, o procónsul romano Rufio Festo Avieno, tomaría
esta refundición para traducila ao latín, versificándoa nun longo poema
de 714 versos, que hoxe se coñece polo título de "Ora Maritima".
|
O
Periplo que nos transmite esta "Ora Maritima" é un documento
realmente excepcional, xa que contén os máis vellos informes xeográficos,
históricos, económicos e etnográficos que sobre o occidente europeo se
coñecen. Tamén é o máis antigo texto histórico que se ocupa de Galicia. A
nosa auténtica partida de bautismo.
|
O "iugum Zephiro" Non é, sen embargo, sobre ningún destes aspectos do que nos propoñemos ocupar neste comentario. O noso propósito non vai máis alá de tratar de localizar un dos moitos lugares que tan compridamente aparecen descritos neste Periplo. Trátase dun accidente que, aínda que de relevancia algo máis secundaria, non por iso deixa de ofrecer un marcado interese. |
Referímonos
ao denominado "iugum Zephiro". A súa importancia céntrase
tanto nas circunstancias físicas e descritivas que o arrodean, coma no feito
de que somente nos sexa coñecido a través da obra de Rufio Festo Avieno.
|
Vexamos,
pois, o que con respecto a el nos refire a "Ora Marítima":
|
Coma podedes observar, este "iugum", ou monte Zephiro, atopábase no tramo da costa situado entre o promontorio Cynético —actualmente o Cabo San Vicente — e a provincia de Huelva, da que cita o río Ana, hoxe o Guadiana. E sabemos, ademais, que este "iugum Zephiro" podía verse dende o limite do pobo dos Cynetes, que non é outro que ese mesmo Guadiana. Non se nos di, sen embargo, en qué dirección, se ben o feito de que Zephiro fose para os gregos o vento do oeste, inclina a pensar nunha ubicación do mesmo cara ao occidente. Aclaremos tamén que a expresión "iugum" —cume, altura, cadea de montañas — é utilizada case sempre por Avieno para referirse a cabos ou promontorios. Pois ben, os únicos cabos ou promontorios que se albiscan dende a foz do Guadiana son o cabo Santa María, no centro do Algarve, e as lombas da ribeira onubense. Mais, antes de inclinarnos por algun deles, e para unha maior exactitude, esgotemos cantas posibilidades nos ofrece o texto: |
Atopámonos, pois, cunhas concrecións moi claras, entre elas. a tanxible realidade de que dende a foz do Guadiana non se albisca ningún cabo ou promontorio que se asemelle siguera por aproximación á anterior descripción. O inmediato Cabo Santa María, non é máis que unha barra de area que se adentra no mar, mentres que as lombas onubenses non pasan de simples rebordes da chaira litoral do occidente andaluz. ¿Onde se atopaba o iugum Zephiro? O investigador portugués Martins Sarmento entende que esta altura ten que estar situada ao leste do río Alvor, que desemboca perto de Portimão. En troques, Antonio Blázquez, outro dos grandes estudiosos da "Ora Maritima", un tanto desnortado, considera que o monte Zephiro "é hoxe a punta da Umbría, con significado semellante". A punta Umbría, calquera o pode comprobar, non é máis que outra barra de area situada á entrada da ría de Huelva. |
En
canto ao hispanista alemán Adolf Schulten, dinos a este respecto:
|
"O
cabo consagrado ao Céfiro, amplamente extendido, como que debe de buscarse
entre o cabo Sagres (verso 215), e o Anas, (verso 205), non pode ser o cabo
Santa María (que é plano e pouco importante: Mela 3, 7), senón que é o monte
entre as cidades Loule e Tavira, dunha extensión de
|
Semellante
ubicación apártase, sen embargo, das habituais descricións da "Ora
Maritima", maioritariamente referidas a puntos situados á beira do
mar, xa que o monte Figo atópase bastantes quilómetros terra adentro.
|
En
favor desta tese compre dicir, sen embargo, que este advírtese perfectamente
dende o mar, e que a voz latina "iugum", aínda que esta
acepción non sexa moi utilizada por Avieno, tamén se pode aplicar a unha
"cadea montañosa". A propia "Ora Maritima" indica
ademais que este accidente ten unha "altura máis importante",
afirmación que evidencia a existencia tamén de outras. Sen embargo, ¿cómo
explicar unha etimoloxía como a de Zephiro aplicada a unha elevación situada
no lugar que o monte Figo ocupa?
|
Durante
moito tempo abriguei serias dúbidas acerca destas interpretacións. E foron
catro as veces nas que percorrín aquelas terras á procura dunha resposta.
|
A
consecuencia delas rematei por rexeitar definitivamente o cabo Santa María,
situado na illa da Culatra, ao sur da cidade algarvense de Faro, que, aínda
que se albisca vagamente dende a foz do Guadiana, non pasa de ser máis que un
longo areal, coma xa comentei. Tamén me decatei nesta observación ocular do
precario que resultaba tratar de localizar o "iugum Zephiro"
na Punta Umbría.
|
Restábame
somente comprobar as posibilidades do indicado Monte Figo, ou Serra de San
Miguel, que, segundo Antonio Blázquez e Adolf Schulten, divísase a grande
distancia dende o mar, feito este que puiden constatar personalmente
utilizando unha barca de pescadores. Mais, tanto dende a cativa distancia
marítima que alcancei, coma dende terra, e aínda contemplándoo dende
distintos ángulos, este accidente non semellaba máis que unha débil elevación
dunha pouco importante cadea montañosa. E tampouco se correspondía coa
descrición, aínda que a "Ora Maríiima" poidese tela
hiperbolizado. Seguín a ter dúbidas.
|
A grande sorpresa final Na miña última visita, porén, obtiven comprida resposta a todas estes interrogantes, e entrevín ademais os motivos da curiosa denominación pola que este accidente fora coñecido naquela remota antigüidade. Esta exploración realiceina a mediados de inverno, cun tempo frío e despexado, que permitía unha excepcional visibilidade. |
A
serra de San Miguel amosóuseme entón cunha inusual claridade. Gracias a isto,
conforme avanza pola estrada cara ao Guadiana, apenas rebasada Tavira, puiden
advertir os cambios que se producían na súa fisionomía, segundo o ángulo de
observación. Ata o chegar a esta vila —seguide a descripción polo mapa—
contempláraa de frente. Mais, a partir dela olleina xa de perfil. O que ata
entón fora unha longa cadea de cativas elevacións, convertiuse dende esta
nova perspectiva nun só monte, illado, que ocultaba coa súa masa o resto da
cadea, e amosaba mesmo unha clara forma cónica.
|
Sorprendentemente,
canto máis me alonxaba del en dirección a Andalucía, parecía medrar e facerse
máis elevado, diferenciándose de xeito ostensible das terras baixas que o
arrodeaban. Para completar as posibilidades desta nova e ata entón por min
ignorada característica súa, somente me faltaba comprobar se, con semellante
claridade, podía albiscalo tamén dende o Guadiana, tal coma nos di a "Ora
Maritima".
|
Apenas
crucei o río, puiden comprobar que, non só seguía o monte Figo a amosarse con
toda evidencia, senón que dende a marxe oriental do Guadina semellaba ser
unha altura importante, a pesar de contar somente con
|
Mais
a principal das sorpresas estaba aínda por chegar. Continuei viaxe, moi
satisfeito co que xa tiña acadado para chegar á punta Umbría, en Huelva, ao
solpor. E alí, no borde da praia, levei unha das maiores e máis agradables
sorpresas da miña vida.
|
Porque,
aínda despois de terse ocultado o sol, o monte Figo seguía a verse
claramente, recortado no horizonte. E amosábase, ademais, coma un cono
volcánico xurdindo no medio do mar.
|
Este
feito intrigoume moito, ao principio, posto que sabía que este monte
atopábase a uns 15 quilómetros terra adentro. Logo advertín que, á distancia
duns 80 quilómetros en liña recta á que del se atopa a punta Umbría, era
suficiente para que as terras baixas que o arrodean quedasen ocultas baixo a
curva do horizonte.
|
Contemplado
así o monte Figo, no medio do mar, practicamente no punto por onde se acababa
de afundir o sol, explicábase perfectamente por que seis séculos antes de
Cristo puido ter merecido a denomiación de "iugum Zephiro".
A súa altura sinaláballe aos navegantes daquel entón, nos días limpos, e
dente unha enorme distancia, a rota cara ao oeste.
|
Ao
día seguinte erguinme coa pretensión de fotografialo. Mais non me foi
posible. A brétema ocultárao de novo,
xunto cunha grande parte da ribeira que na tarde anterior poidera contemplar
perfectamente. E o mesmo me acontecería varios días máis tarde, nun novo
intento. Mais a visión que se me ofrecera aquela tarde fora xa o
suficientemente esclarecedora.
|
Quizais poidan resultar excesivamente escuros e inhabituais os matices cos que a "Ora Maritima" describe un lugar tan meridional coma este, ao que considera frecuentemente oculto pola néboa, e con nubes no seu curuto, brétemas e orballos habituais, ou cun chan mollado e cuberto de herba nunha grande extensión. Mais, é doado para calquera constatar a realidade da existencia de brétemas e de orballo na zona, así coma o feito de que toda a costa situada ao sur do monte San Miguel, e das inmediacións da encantadora vila de Faro sexa aínda hoxe unha intrincada xeografía de areais, canos, e lamazares verdecentes, que se amoldan á descrición. |
Estas
observacións aparecen tamén confirmadas polas "Instructions nautiques"
do "Service hidrographique français", Paris 1905, nas que
poden lerse indicacións coma estas:
|
"A
calma é moi frecuente na costa do Algarve, e rapidamente tórnase vento do
Oeste". "En todas as estacións hai néboas mestas nas proximidades
do cabo de San Vicente". "Algunhas veces queda suspendida coma un
velo inmenso".
"Os ventos dominantes nel —no golfo de Huelva— son
os chamados "Poniente" polos españois; son húmedos e van
acompañados de nubes. O orballo é indicio de "Ponientes".
|
E
Adolf Shulten indica asimesmo: "En realidade, a maior parte do ano,
nestas rexións do Océano soplan os ventos do Oeste". "Descrición da
rexión nebulosa, húmida e con abundantes herbas entre o monte Figo e La
Rábida. Isto é a rexión da foz do Ana, que aínda hoxe é nebulosa e
húmida".
|
A
identificación do monte Figo, ou San Miguel, co iugum Zephiro,
suxerida por Adolf Schulten, confirma ademais o contido dos versos
|
O
"Noso Mar" é o Mediterráneo, e Favonio denominaban os latinos ao
vento Zephiro ou do oeste. Comprobade, unha vez máis, sobre o mapa este
extremo e conviredes comigo que resulta meridiana a exactitude desta
descrición xeográfica que Rufo Festo Avieno nos transmitiu na súa "Ora
Maritima".
|
|
(Publicado
en 1994 no número 8 da segunda etapa da revista Latexo)
(Outros
textos relacionados con este):
-Galicia no séculoVI a. C. (1990).
-O
Extraordinario mundo da Ora Maritima (2013)
-El mundo antiguo a través de la Ora Maritima de Rufio Festo Avieno (2012) |
|
.
Comentarios
Publicar un comentario