MÁIS SOBRE O REINO DE GALICIA




            Existe unha obra escrita en gaélico, posiblemente entre os anos 700 e 1100 d. C., sobre a que se cré que, tamén posiblemente, puido ter sido transmitida ata ese intre, e durante moito tempo, de xeito oral. Estamos a referirnos ao Leabhar Ghabhála, ou Libro das Invasións, que nos ofrece parte do proceso  do asentamento na súa illa dos antepasados dos irlandeses. Dela podemos dicir tamén que resulta practicamente imposible datar sequera con algunha aproximación, aínda que a obra o intenta, os fascinantes relatos que contén. Mais é a través da mesma que somos sabedores da historia de Breoghán, pai de Ith, fundador de Brigantia e constructor da torre do seu nome.

      Outros datos nela contidos permiten intuír que dende esa Brigantia, ata un lugar de Irlanda daquela coñecido polo nome de Inber Scenn. posiblemente un río da súa costa meridional, invertíanse  nove días de navegación, o que representa unha media de pouco máis de cen quilómetros cada vintecatro horas. Partindo destes datos pasemos agora a dicir que, tanto os máis versados dos historiadores coma os arqueólogos non teñen aínda respostas auténticamente firmes acerca dos antigos celtas, asentados nunha grande parte de Europa xa no III milenio antes de Cristo.

      A opinión máis xeralizada ao respecto, sen embargo, é a de que tales celtas, o mesmo que os xermanos, os persas, os latinos ou os hititas, procedían dun tronco común, o dos indoeuropeos, cuxa orixe atopábase na cordilleira do Cáucaso. Quizais a causa do aumento da súa poboación, ou pola presión doutros grupos, estas xentes, aínda que emparentadas entre sí tanto étnica coma filolóxicamente, fóronse espallando cara ao leste e ao oeste, ata cheraren á Escandinavia Centroeuropa, ou ás illas Británicas, primeiro á máis oriental delas e, despois, quizais cara ao 2.750 a. C., a Irlanda.

      Nese longo devagar tales grupos fóronse diferenciando cada vez máis. Eran pastores, agricultores, artesáns, guerreiros, sacerdotes e bardos. A súa irrupción no occidente da peninsula Ibérica e Italia parece xa posterior ao 1.800 a. C. No primeiro destes territorios, aínda que unha boa parte da súa cultura -a das fortificacións que agora coñecemos coma castros-, se mantivo durante a ocupación romana -a partir de arredor do 19 a. C.-, advértese a importante influencia desta.

      Comentamos xa, no número 171 de Encrucillada, que no ano 411 d. C., segundo nos transmite na súa Chronica, un autor contemporáneo de tales feitos, e nativo destas terras, Idacio Lémico, os suevos da Xermania ocuparon o occidente da Gallaecia,  mentres que os vándalos asdingos facíano coa parte oriental da mesma. Un  feito  que supuxo o final da ocupación romana do noso territorio, e a constitución do Gallaecia Regnum, gobernado por Hermerico ata o ano 438, data na que abdicou no seu fillo Rechila.

      Coma tamén indicábamos naquel comentario, coma consecuencia destes feitos, o Reino de Galicia cumple este ano 1600 da súa fundación. Un reino que, inicialmente se compuña do norte do actual Portugal e de Galicia, se ben que, nove anos máis tarde, ao ser botados da mesma os vándalos, tamén de Asturias e dunha grande parte da Meseta Norte. Posteriormente abrangueu tamén a Bética e a maior parte das provincias romanas da Península.

     Pois ben, coma oportuna conmemoración dese 1600 aniversario, algo auténticamente inusitado, dous equivos de futbol do territorio daquela antigua Gallaecia, o Sportig de Braga, no seu momento a cabeza do Reino, e o Porto, da cidade na que os reis suevos tiveron durante moito tempo unha famosa residencia, xogaron a final da Liga Europea.

     O encontro, ademais, non se celebrou en ninguún lugar intrascendente, senón precisamengte en Irlanda, no Dublín Arena, coa presenza de 50.000 espectadores, que acodiron á cita a pesar das dificultades económicas que o país está a pasar. Venceu pola mínimma o Porto. Mais pensamos que iso carece por completo de importancia diante da xesta que supón que dúas  entidades deportivas nadas no máis antigo reino que se formou en Europa sobre os restos do Imperio romano, confluíran no estadio irlandés, aínda que non esquezamos que, históricamente, dende o ano 1128, Portugal e Galicia tomaron camiños distintos.

         (Publicado no ano 2011 no número 173 de Encrucillada).

           Outros traballos temén relacionados con este:
                     -A cuestión da celtidade de Galicia.(2003).
                    -Aquelas temibles "Hordas Castrexas". (2015).
                    -As outras Letras Galegas. (2013).  
                    -A Torre de Hércules, patrimonio da Humanidade.(2003).
                    -"Chronica Hermerici (c. 380-441)". (2003).
                    -"Cornelia", na praia da Lanzada, hai 2.000 anos. (2017).
                    -"Fines Terrarum". (2003).
                    -Idacio Lémico:"Chronica (379-469)". (2004).
                    -Isidoro de Sevilla.(2003).
                    -O Castro de Santa Trega, sobre o Miño.(2016).
                    -O Príncipe dos Albións no monte Gaiás. (2012).
                    -"Regnum Galliciense". (2010).
                    -Sobre Celtas e Castrexos. (2012).

Comentarios

Entradas populares de este blog

NADA NOVO BAIXO O SOL: A LEXITIMACIÓN DO PODER A TRAVÉS DA ARTE NA ROMA DE AUGUSTO