EXIPTO, A VIAXE PERDIDA DE EGERIA
Exipto, a viaxe perdida de Egéria | ||
(Texto íntegro)
| ||
É moito o que nas últimas décadas se ten conseguido no estudo do «ltinerário» de Egéria, de modo que actualmente xa non se dubida da súa autoria, e existe tamén un xeral consenso en aceptar á indicada coma a máis xenuína entre as diferentes formas que do seu nome aparecen nos códices.
Así mesmo, despois de terse barallado un amplo abano de posibilidades cronolóxicas, parecen tamén definitivas as consideracións que estimam que a peregrinaxe descrita no «ltinerário» foi efectuada entre aproximadamente o mes de Febreiro do ano 381 —o día de Páscua do 384, 25 de Marzo, xa se cumpriran tres anos da chegada de Egéria a Xerusalén, segundo nos manifesta (1)— e xuño deste ano (2).
Esta datacíon fai inviable a hipótese, tantas veces utilizada, de que Egéria tivese coincidido en Terra Santa con San Xerome, xa que este non arribaría a ela senón ao final de 385, ou a comezos do seguinte ano (3), nin, por suposto, con Avito ou Paulo Orósio de Braga (4), ou Hidácio (5), os seus paisanos, xa que todos eles coincidiron ali co santo.
Infortunadamente, o texto que do «Itinerário» se conserva, non cubre tan dilatado período de tempo, senón nada máis que os últimos seis meses. Durante eles Egéria viaxa polo Sinai, o Delta do Nilo, Palestina, o monte Nebó, Idumea —lugar da sepultura de Xob—, Fenícia, Mesopotámia e Síria. Por último, dende Antioquia volve «de novo a Constantinopla» (6), «seguindo o camiño, xa coñecido, polas mesmas províncias que atravesara á ida» (7), pasando por «Tarso, onde xa estivera ao ir a Xerusalén» (8).
Hai que admitir que a pesar da reducida parte que do «Itinerário» se salvou, nela aparece nidtiamente claro que Egéria estivera anteriormente en ConstantinopIa, lugar dende o cal, seguindo unha rota facilmente reconstruíblel, debido aos datos que aporta, alcançara Xerusalén. Canto nisto aconteceu, tamén nolo indica ela, tal como acabamos de anticipar, ao referir, no momento de iniciar a volta a Constantinopla: «coma facia xa tres anos completos que viñera a Xerusalén, despois de visitados todos os lugares santos aos que viñera para facer oración, e con ánimo de regresar à pátria...» (Vide 1).
Isto aíirmao o 25 de Marzo do ano 384 (9). Polo tanto, a súa chegada à Cidade Santa tivo que acontecer en Marzo do 381 (Vide 2).
Así, pois, témonos que enfrontarr co feito de que o «Itinerário», ben porque Egéria non o tivese considerado necesario consignar, ou —cousa máis provable— porque ao referilo na parte perdida do mesmo, non nos oferece a descricción do percorrido de Constantinopla a Xerusalén —no quel invertíu arredor dun mes— así coma dos case tres anos que median entre a súa chegada á Cidade Santa —Marzo do 381— e o momento no que alcança a albiscar o Monte Sinai, o sábado 16 de Decembro do 383 (10), intre no que inicia a narración.
Chegados aqui, e sabedores dos feitos e circunstáncias que acabamos de comentar, entendemos que compre preguntarse: ¿que outros lugares puideron ter sido visitados por Egéria durante eses case tres anos de silencio a que nos condea a mutilación do texto? ¿ É posíblel tentar a identificación ou salvar, ainda que sexa parcialmente, esta falta do «Itinerário»?
Arredor do ano 680, San Valério do Bierzo, dirixíu aos monxes deste território unha carta de loubor en honra da «beatissima santimonialis» Egéria, à que puña coma exemplo de virtude e de fortaleza, superior a «todos os homes do século». Segundo aparece indicado nela, esta muller excepcional emprendera «unha longuísima viaxe por todo o orbe», chegando «aos sacratíssimos e suspirados lugares do nascimento, paixom e ressurreiçom do Senhor e, por diversas províncias ou cidades, aos sepulcros de inumeráveis santos mártires». «E aínda que a súa peregrinaxe durara moitos anos, percorreu sen embargo todos eses lugares co auxilio de Deus, ata que, finalmente chegou às partes do Oriente, visitando con sumo debezo os gloriosísimos cenóbios das várias congregacións dos santos monxes da Tebaida e as santas celas dos anacoretas, dende onde, ben protexida polas bendicións dos santos e recobrando as forzas co doce alimento da caridade, dirixíuse a todas as províncias do Exipto» (11).
A cita é longa, mais pensamos que paga ben a pena porque, unha vez estudada, resulta moi difícil admitir que San Valério teñha podido pormenorizar os feitos que relata sen ter contado cunha cópia, senón íntegra, polo menos moito máis complerta que a que do seu «Itinerário» coñecemos.
Mercede a San Valério puideron os investigadores saber quen fora a autora do anónimo e incompleto texto que estaban a estudar (12), así como a súa condición de galega (13).
Mercede tamén a esta carta, sabemos agora que a destemida viaxeira estivo na Tebaida, província dende a que, despois, percorreria o resto do Exipto, que seguiu ao Éxodo israelita e que ascendeu aos montes Farán, Tabor, Hermom, de Elias, e das Benaventuranzas, ademais de visitar os santos lugares de Palestina.
A concurréncia entre a orde na que estes últimos aparecen citados por San Valério e o do própio «Itinerário», fainos pensar que os demais, aqueles que, aparecendo na carta, ignora este, ou sexa, os enumerados en primeiro termo, teñen que ser as paraxes que Egéria visitou durante eses anos que a mutilación do texto nos impedía coñecer (14).
Reconstruir, no posíble, polo menos unha desas perdidas viaxes, vai ser o obxecto deste traballo. Para conseguilo, imos a axudarnos efectuando un percorrido polos lugares presumiblemente visionados por ela.
A VIAXEN AO EXIPTO
A este respeito, o «ltinerário» ofrécenos unha importante base documental. Situándonos no seu inicio, podemos seguir con meridiana claridade a marcha de Egéria ao longo da península do Sinai, e a súa chegada á terra de Gessem, no Delta do Nilo, o lugar onde se estabeleceran o patriarca Xacob e os seus fillos (15). Segundo o texto a nosa peregrina alcançou Gessen no mes de xaneiro do ano 384 (16).
Mais Egéria non era unha viaxeira qualquera. Coa Bíblia na man —hai máis de 140 citas do libro sagrado no seu texto—, coñecedora do grego —en ningún momento parece necesitar intérprete, e utiliza helenismos ao se expresar—, informada documentalmente sobre canto está a visitar, segundo nos lembra San Valério (17), trata de ser sempre obxectiva, de modo que as compañeiras ás que dirixe o relato a poidan comprender en todo momento. Dadas estas precisións, puideron seenr localizados, en pleno século XX, algúns dos lugares que describe
.
Pierre Maraval fai esta semblanza dela:
«Infatigable, audaz, curiosa, ávida de ver e de coñecer, habelenciosa por outra banda en salientar o dato de interese, e a referir con frescura» (18).
Velaí por que o que o seu relato non ten desperdício.
Examinemos, agora, o que nos di durante a súa marcha polo Delta do Nilo:
«Ainda que, en realidade, xa coñecia a terra de Gessen, da primeira vez que estiven no Exipto» (19).
«Asi, pois, o santo bispo hospedounos case durante dous dias; era un santo e un auténtico home de Deus, que eu coñecía ben dende o intre no que estiven na Tebaida. Este santo bispo fora antes monxe, e dende pequeno educado nun mosteiro» (20).
«E ainda que coñecia estes lugares, coma dixen anteriormente, de cuando fora a Alexandría ou à Tebaida...» (21).
Estas citas son suficientes para que nos deamos conta de que, ademais da viaxe ao Delta de xaneiro do ano 384, xa fixera Egéria outra con anterioridade, presumiblemente aquela durante a que, segundo San Valério, visitara a Tebaida, aos anacoretas, e ás restantes províncias do Egipto. Se a estes lugares Iles engadimos tamén a Alexandría que ela admite ter visitado, teremos configurado, a grandes trazos o seu itinerário.
Maiores precisións tan só se podenr conseguir con base a conxecturas ou referéncias. A este respeito, a máis importante é o «ltinerarium de locis sanctis» que Pedro Diácono, escribñiu por volta do ano 1100 no mosteiro de Monte Casino e se conserva completo.
Pedro Diácono nunca estivo en Terra Santa. El mesmo confesa que confeccionou a súa descripción recollendo matéria —«ex omnibus, ut dica, libris»— de todos os libros. Estas fontes foron, principalmente o «Liber de locis sanctis» de Beda «O Veneráble», e o «Itinerário» da propia Egéria, feito este último que se pode comprobar comparando os dous textos (22).
Mercé a esta circunstáncia contamos cun excelente auxiliar para recompor a viaxen de Egéria. Non obstante, dado que non foi ela a única fonte na que bebeu Pedro Diácono, teremos que manexar os datos que aponta coas debidas reservas.
A DATA DA VIAXE
A mención do bispo que Egéria coñecera na Tebaida, sendo monxe, infire xa unha dimensión temporal. Este primeiro encontro, acontecido durante a súa anterior viaxe ao Exipto, debeu de darse algún tempo atrás dentro da marxe dos escasos tres anos que median entre a súa chegada a Xerusalén —Marzo do ano 381— e a viaxe ao Sinai do Natal de 383.
As fragmentárias referéncias do «Itinerario» en relación cos movementos da nosa viaxeira en Terra Santa, ou as datas das festas litúrgicas que comenta ter vivido, son os restantes elementos sobre os que debemos fundamentar a cronoloxía do seu primeiro periplo exípcio.
Así, Pierre Maraval, sen conseguir apurar máis a precisión, estima que esta viaxe puido ter sido efectuada a fins dos anos 381 ou 382, «en todo caso antes do 18 de Maio do 383, dia no que asiste, na Basílica de Belém, à celebración da festa dos Santos Inocentes, sendo posíble, por outra banda, que tivese regresado polas festas da Páscoa» (23).
O Padre Arce, que viviu sesenta dos seus cen anos no Oriente Médio, e coñeceu «de visu» a maior parte da rota de Egéria, estima que a viaxe desta debeu de ser realizada durante o outono e o inverno do ano 382, «cando xa irían disminuindo os grandes calores do verán, que no Exipto son máis insoportables que na Palestina» (24).
Cremos que, de momento, non parece posíble precisar máis.
QUE PROCURABA EGÉRIA NO EXIPTO?
Non parecen existir excesivas dúbidas a este respecto. O «Itinerário» parece claro á hora de amosarnos as preferéncias de Egéria, e tamén o é San Valério ao lembrarnos o seu debezo por coñecer «os sacratísimos e suspirados lugares do nacemento, paixón e resurreición do Señor»..., «os sepulcros de inumerábles santos mártires»..., «os gloriosísimos cenobios das várias congregacións dos santos monxes da Tebaida e as celas dos santos anacoretas». (Vide a nota 11) É dicir, que o coñecemento dos escenários bíblicos, son o obxectivo desta audaz muller.
Agora ben, as únicas partes do Exipto directamente relacionadas coa Bíblia, atópanse no Sinai ou no Delta. Sen embargo, Egéria rebasou amplamente este cara ao sur, para visitar a Tebaida.
Por outra bande San Valério, asceta e animador da vida monacal —o Bierzoo era no seu tempo a Tebaida de Galcia—, denomina a Egéria «beatissima sanctimonialis», é dicir, «bem-aventurada monxa», e insinúa o seu carácter de virxe. Ademais disto ela escribe para certas mulleres ás que denomina: «affectio uestra», «dominae uenerabilis», «dominae animae meae», «dominae, lumen meum», «dominae sorores» ou «dominae uenerabilis sorores». Aínda que o texto manejado por San Valério non fose máis explícito que o que chegou a nós, e se tivese manifestado por conxecturas, respeito á condición de Egéria, non podemos menos que concluir que, non sendo tales tratamentos habituais entre seculares, por forza teñem que corresponder aos utilizados entre persoas sometidas as disciplinas religiosas. Egéria era, pois, unha monxa. Daí o seu grande interese por coñecer os santos lugares e acudir ao auténtico xerme do movimento monástico, un de cuxos núcleos principais se atopaba na bisbarra de Tebas.
Non é posíble determinar agora se alcançou esta por terra ou en barco. Aínda que os datos de Pedro Diácono permitan considerar a posibilidade dunha viaxe terrestre entre Xerusalén e Menfis, convén reparar no feito de que este situa en orden inversa as etapas exípcias, circunstáncia que lle resta unha grande parte do seu valor probatório. Por outra banda, Egéria realizou dúas veces, nambos sentidos, a viaxe Jerusalém-Delta, sendo perfeitamente posiblel que o frade de Monte Casino tomase os seus dados de qualquera, ou de todas elas (25).
Porén, o feito de que a nosa viaxeira teña pasado por Alexandría, cidade nada relacionada con temas bíblicos ou monacais, inclina a supor que, polo menos unha parte do desprazamento o puidese ter feito en barco. Para o resto, hai que pensar nesa «agger publicus», ou via que, dende Tebas, conducía ao norte, pasando por Menfis, Babilónia, Heliópolis, Arábia e Pelúsio, que ela demostra coñecer (26), parte da cal reproduce Pedro Diácono, conservando este sentido de marcha, como acabamos de comentar.
O feito de que Egéria cite a Alexandría e despois a Tebaida, parece indicar que foi a cidade mediterránea a primeira que visitou.
POLA ROTA DE EGÉRIA
Imos partir, pois, do suposto de que Egéria teña chegado a Exipto por mar. A este efecto debeu de embarcar, como era habitual entre os viaxeiros que deixaban Terra Santa, en Cesarea. En canto se aproximaba a Alexandría, os seus ollos puideron admirar, coma un saúdo de boavinda, unha das máis grandes maravillas da antigüidade: o seu Farol.
Construído habia 700 anos nun pequeno illó, e unido a terra por umha calzada de máis de un quilómetro, tiña unha altura de 120 metros. Esta asombrosa construción contaba cunha complexa máquina hidráulica, e trescentos aloxamentos para os mecánicos e operadores que a mantiñan en funcionamento. [Fig. 2]
Fig. 2.— A fortaleza Daitbay, construída no século XV sobre o asento do Farol de Alexandría. O seu interior acolle agora un Museo Naval. Nos solpores, coma se dun regalo aos ollos se tratase, as súas pedras, procedentes en boa parte da lendária construcción, adquiren a cor do mel.
Porén, Alexandría non debia de ser, naquel momento un lugar capaz de produzirlle excesivos estímulos a Egéria. Cidade cultivada, inqueda e mercantil, os seus bispos, sacerdotes e monxes, rivalizabam por situarse na avanguarda das máis controvertidas polémicas doutrinais. Os seus seguidores eran, ademais, violentamente monofisitas. Para eles Cristo tiña só natureza divina, teoría que Roma non compartia e que remataría por condear. E onda eles, abondabam tamén os gnósticos, os neoplatónicos e os arrianos.
Na Alexandría, o mesmo que no resto do Exipto, permañeciam aínda abertos ao culto unha boa parte dos templos dos vellos deuses, e a metade da súa poboación era hebrea. Resulta moi pouco provablel que se tivese detido máis do estrictamente necesario nun lugar tan pouco proclive coma este cara aos piadosos motivos que a impulsaban.
Tampouco podemos saber se a súa sede de coñecimentos puido ter sido o suficientemente importante coma para facela pasar sobre as súas conviccións e permitila visitar a sonada Biblioteca. Destruída acidentalmente a primeira por Xúlio César, Cleopatra e Marco António crearan despois, xunto co pouco que se puido salvar, un novo centro do saber na colina do Serapeum, que, naquel momento, continuaba a pleno rendimento. [Fig. 3]
Fig. 3.— Cos seus 30 metros de altura, a chamada «Coluna de Pompeio» é o que resta das 400 coas que contaba o Pórtico da Biblioteca construída por Cleopatra e Marco António no Serapeum. Baixo ela consérvase ainda un longo corredor soterrado.
Mais, se Alexandría, puido non ter sido un lugar do seu interese, nas suas proximidades, abondaba canto a conducira a efectuar aquela viaxe.
A uns 50 quilómetros ao oeste atópase a tumba dun joven mártir crisián, convertida en importante centro de peregrinaxen dende cen anos atrás. Hoxe, o lugar recibe o nome de Abu Menas, e continúa a ser masivamente visitado.
E se esta isolada tumba puido non seri suficiente para atraer a súa atención, é mais que prováblel que si o fosem os cenóbios e os anacoretas do Wadi Natrum.
Situado uns 80 quilómetros ao sur de Alexandría, en pleno deserto, Wadi Natrum é unha longa depresíón que acada os 24 metros por debaixo do nível do Mediterráneo. As abas descenden nel suavemente, e permiten unha visión ampla e dilatada da paisaxe. No seu fondo, unha dúcia de lagos salobres convive con terra feraz e partes desérticas. En tempos da posible visita de Egéria, esta singular comarca recibia o nome de Nítria.
Sete décadas atrás a violenta persecución decretada por Diocleciano enchera este lugar de fuxitivos. Segundo os dados da Igrexa Copta (27), houbera unha média de sesenta mortos diários durante os cinco anos que durou a represión. Esta foi a causa de que o daquela incipiente monacato exípcio conseguisse un impresionante florecimento.
Había cincuenta mosteiros con máis de cinco mil monxes e eremitas no momento da viaxe de Egéria. A Nítria pasa por ser o berce do monaquismo cristián, se ben que, en realidade, este poida ter sido a comarca próxima ao golfo de Suez, onde, cen anos atrás, viviran San Paulo de Tebas e Santo António Abade. E ali, nas abas do Gebel el-Galala, permanecen aínda os seus mosteiros, a ollardo para a lonxana montaña do Sinai.
Parece coherente que Egéria se sentise atraída pola Nítria, onde aqueles ermitaños, organizados por Ammónio, mantiñan fornos e facían pan comunalmente, tecían o liño ou ajuntábanse cada semana para tratar das tarefas a realizar. O Padre Arce chega a aventurar a posibilidade de que ali puido terse atopado Egéria con San Xoán Casiano, fundador máis tarde de mosteiros en Marsella.
Tan só fican catro cenóbios agora en Wadi Natrum. Mais, a súa importáncia segue a ser grande. Un deles, o de Abu Magar, foi a residéncia do pontífice Copto, ata que o desterrou o presidente exípcio Sadat.
Sorprendentemente, neste lugar o cristianismo é unha fé auténticamente viva. O visitante pode aínda atoparse nele con barbudos monxes, revestidos de escuras túnicas, tripulando tractores. Os mosteiros [Figs. 4 a 6], seguen a estar arrodeados de altas murallas, en previsión de que os beduínos poidan voltar ás andadas. No interior achanse os torreóns de defesa, os campanários, as celas dos monxes, a capela, o hospício e o refectório, espallados en torno a hortos e xardíns pródigamente regados. Fora da súa modernidade, o seu deseño e forma seguen a manter o estilo primitivo, o mesmo que debeu de ter contemplado Egéria.
Fig. 4.— Porta de acceso ao «Deir Amba Bishoi». Discípulo de San Macário, e retirado ao Wadi Natrum no ano 340, San Bishoi converteuse en pai espiritual de moitos dos eremitas que nel residían. Morto no 417, o seu corpo permanece incorrupto. San Bishoi vivia no momento da visita da Egéria, polo cal moi ben puideron terse coñecido.
Fig. 5.— A suxerente litúrgia Copta na capela do «Deir Amba Bishoi».
Fig. 6.— Mosteiro Copto de «Deir es-Suriani» no «Wadi Natrum».
A TEBAIDA
Para cubrir os 900 quilómetros que median entre Alexandría e Tebas, Egéria puido utilizar o barco, viaxar por terra, ou facer uso de ambos medios. Máis, como adiantamos antes, a súa referencia ao camiño que de Tebas conduce a Pelúsio, induce a considerar que debeu de ter utilizado este no retorno, polo cal preferimos imaxinala á ida nunha nave de remos e velas remontando o Nilo perguiceiramente, a contemplar as construccións das súas beiras. Baixo un sol e un ceo luminosos e sereos, ollaría a úbeda vexetación das súas marxes [Fig. 8], o desfile constante de aldeias, xentes e animais, a lavar, traballar, ou rebuldar no rio, e o contínuo trasego das nórias. E, máis alá da estreita franxa habitable, colinas, montes e lombas espidos, da cor do mel ou avermellados. Arredor do barco, a corrente mostraríaselle adobiada de plantas acuáticas ou coa estampa exótica dos crocodilos. Non existen estes agora no Exipto. Foron desaparecendo dende que, en 1905, ergueron os británicos a primeira presa de Assuam.
Fig. 7.— As brañas e lagoas que rodean Alexandría deberon de presenciar o paso de Egéria cara, ou de volta, de Tebas.
Fig. 8.— As ribeiras do Nilo nas proximidades de Tebas.
Aínda que non o podia adeviñar, Egéria estaba a realizar a súa viaxe nun significado momento. Nun intre no que o cristianismo estaba a amosrar no Exipto un pulo e unha vitalidade que non conseguira en ningunha outra parte. Non importa que moitos dos seus practicantes —monofisitas, arrianos, gnósticos, ou neoplatónicos— camiñaran polos bordes da heterodoxia ou mesmo da herexía. Semellantes desvios tan só se dan nas sociedades profundamente vivas e vigorosas.
Egéria puido ver, aínda intactos, a maioria dos templos e monumentos exípcios, os mesmos dos qes hoxe a penas podemos contemplar os despoxos.
Sete anos depois da súa estadía no Oriente Médio, o panorama mudaría violentamente. No ano 391, o noso paisano Teodósio o Grande, decretaíia o feche de todos os templos non cristíans. Amparándose en tal disposición, unha turba de fanáticos irresponsables queimaría nese mesmo ano a Biblioteca de Alexandría, acabando para sempre cos seus inapreciables tesouros, e os bispos desta cidade, antes liberais, comezarían a cincelar inscripcións, demoler templos, ou destruir as tumbas, laboriosamente construídas ao longo de mais de quatro mil anos.
«Os deuses —diría entón San Xerome— tiñan coma única compaña nos seus nichos, ás curuxas».
Coma consecuéncia desta nova actitude, no ano 394 cesarían os xogos Olímpicos e, unhas décadas despois, desaparecerian tamén os últimos seres capazes de interpretar os vellos textos exípcios.
Mas o golpe de gracia para aquel mundo, foi sen dúbida o brutal asasinato do último científico que ensinou na Biblioteca de Alexandria, Hipatia, matemática, filósofa, astrónoma e física, acontecido no ano 415. Con ela serían destruidos os derradeiros tesouros da Biblioteca.
Algo, por suposto, aínda impensáble no momento no que Egéria alcançou a noutrora poderosa Tebas, a cidade das cen portas, segundo a soubo cantar Homero, ubicada nun amplo val enmarcado por colinas vermellas en torno ao Nilo.
Tebas era, tamén sen dúbida, o núcleo máis fascinante que existia naquel momento no mundo. As ruínas de corenta templos, calzadas, esfinxes, obeliscos, estátuas colosais, lagos sagrados, ou necrópolis, como as dos Reis, das Raíñas ou dos nobres, dan aínda testemuña daquela prodixiosa grandeza ornamental. Cabeza da comarca da Tebaida, era tamén o principal dos vários núcleos cenobíticos cos que Exipto contaba.
Pacómio, un antigo soldado imperial orixinário destas terras, fora a pesoa capaz de orgaizar, setenta anos atrás, aos seus anacoretas. A súa primeira fundación realizouna en Akhmim, perto da actual Abydos, uns 120 quilómetros ao norte de Tebas. Ali vivían moitos deles utilizando as covas da montaña.
A grande obra de Pacómio consistíu en axuntalos, orgaizalos e darlles directrices por medio dunha regra. Coa finalidade de conseguir comunidades instruídas e autosuficientes, elaborou un calendario de actividades para cada hora do dia, entre elas o traballo artesanal e o da terra, ademais da meditación e o estudo da Bíblia; determinou o uso da tonsura e os hábitos, e estableceu unhas rigorosas probas de selección para os aspirantes, así coma unha axeitada vertebración interna.
Con ser importantes estas innovacións, o principal mérito das congregacións creadas por San Pacómio —once mosteiros, entre eles dous de mulleres, inicialmenle con máis de sete mil monxes, pero que chegaron a acadar os cincuenta mil—, foi a de erguelos, non en pleno deserto ou en lugares afastados, senón perto dos asentamentos humanos. Mercede a esta medida, os seus compoñentes estiveron sempre en contacto coa gente, colaboraron con ela, e consta que chegaron a axudar económicamente a algúns veciños, aínda que non fosen cristiáns. O seu prestíxio fixo que fosem solicitados para mediar e conflcitos de terras ou de augas.
Co congregacións coma estas, practicamente descoñecidas aínda no Occidente, trabaría coñecimento Egéria. Supoñemos tamén que, ademais, debeu de visitar a algúns dos anacoretas que vivían isolados nos arredores, así coma nos mosteiros instalados nalgúns dos abandonados templos de Tebas [Fig. 9] Nalgún deles coñeceía ao monxe que, criado ali desde pequeno, converteríase logo no bispo da mansión de Arábia, co que se atopou o dia 5 de xaneiro do ano 384, segundo nos refire (Vide a nota 20).
Fig. 9.— O templo da faraona Hatshesupt, inmediato ao Val dos Reis, onde existía un mosteiro cristián xá no tempo da viaxe de Egéria. O lugar denomínase aínda «Deir el-Bahari», «Convento do Norte», e é um dos lugares que debeu de visitar, xunto co algunha das covas das súas proximidades.
O RETORNO
Imaxinamos a Egéria na sua viaxe, para o norte, utilizando o «agger publicus» que dende Tebas salvaba os aproximadamente 800 quilómetros que a separabam de Pelúsio. Este camiño estaba partillado en «mansiones», asentadas ao final da distáncia que se podia cubrir nun día, e «mutationes», inslalacións menores situadas a treitos dunhas nove millas, onde os viaxeiros podían almorzar ou mudar de monturas ou carruaxes.
No seu percorrido, debeu deterse no mosteiro Tebanensis, outra das fundacións de San Pacómio, perto de Dendera, ou nesta mesma, en cuxo aínda relalivamenle recente templo de Hathor, construírase umha igrexa cristián
Unha ou dúas xornadas despois, Egéria atoparíase, sen sabelo, ao pé dos farallns agora coñecidos coma Nag Hammadi, onde naqueles dias procedian os perseguidos gnósticos a ocultar os seus escritos, algún deles posterior tan só nuns anos á crucifixión de Cristo. Tales documentos non serían descubertos ata 1945.
Non dubidamos tampouco de que a comunidade fundada por San Pacómio nas imediacións de Khemmis, hoxe Akhmim, situada a outros dous dias de camiño, fose outro dos seus obxectivos. Tampouco debeu de deixar de visitar, algo máis ao norte, o «Deir el-Adhrah» ou «Mosteiro da Virxe», encolgado no alto dun desfiladeiro, ao que houbo de acceder por unha longa escada labrada na rocha. E aínda que, como afirma a tradicción, non fose fundado poIa Emperatriz Santa Helena, a construcción é do seu tempo, polo que levaba xá unhas seis décadas en pé no momento da viaxe de Egéria.
A diocese de Oxyrhynchos, seguinte etapa de interese, tiñha sona de contar naquel tempo cunha poboación dunhas vinte mil virxes solitárias, e a metade de homens, entregados á vida anacorela. Todos eles seguían as normas de Santo António Abade, axuntándose só unha vez à semana para tomar acordos en común. A medio dia de distancia dela, sitúase o «Deir el-Moharraq», mosteiro erigido en lembranza de ser este o lugar máis meridional alcançado pola Sagrada Família durante o seu exílio no Egipto.
DA MAN DE PEDRO DIÁCONO
Ata o Baixo Exipto non fixemos outra cousa que intuir o itinerário da nosa viaxeira, amparados na frase de San Valério de que, despois de visitar a Tebaida «dirixiuse a todas as províncias do Exipto» (Vide a nota 11). Dende esta parte do país ata o momento no que alcanza as comarcas do Delta, cuxa descripción coñecemos perfeitamente a través da parte conservada do relato (28), podemos seguila xa por medio do códice de Pedro Diácono.
Segundo recolleu este, en Menfis existia aínda naquel tempo o palacio ao que Xosé, o descifrador dos soños do Faraón, entraba frecuentemente. E a seis millas de distancia, nun monte moi alto onda o rio, os tronos de Moisés e Aarom. Dende eles oraba o libertador ou dirixíse aos seus irmáns escravizados, que naquel lugar fabricaban ladrillos. Tamén sitúa Pedro Diácono nos arredores de Menfis unha das residencias da Sagrada Família.
Todos estes lugares son aínda hoxe inidentificables. Da Mênfis dos tempos do patriarca Xosé non queda nada, nin posiblemente quedaba xa en pé resto algún no momento da visita de Egéria. Na actualidade só se poden contemplar, unha estátua de Ransés II, unha esfinxe de alabastro e as cimentacións de vários edifícios deste monarca, ou posteriores a el. Algún deles debeu de ser o que os devotos lle amosaron a Egéria e esta comenta.
A respeito dos tronos de Moisés e Aarom, non existem montes altos nos arredores de Menfis. A información talvez non sexa excesivamente exacta e poida referirse ás colinas Gebel Tura ou Gebel Hor, situadas a unha distáncia algo superior ás seis millas indicadas, na outra banda do rio. [Fig. 10]
Fig. 10.— Pirámide escalonada de Djoser, en Saqara, nas aforas de Menfis.¿Pudo Egéria ter tomado a esta, ou as imediatas de Abusir, coma os tronos de Moisés e Aarom?
«Entre Menfis e Babilónia —refire a seguir Pedro Diácono— hai doce milhas; e ali hai moitas pirámides que fixo Xosé para armazenar o gran».
lnformación case exacta. Babilónia atopábase —e atópase aínda— a esa distáncia, onda á illa de Roda, na parte vella do Cairo, o punto onde o «agger publicus» cruzaba o rio. E as pirámides —a maioria das quase cincuenta que aínda existen nunha distáncia de 100 quilómetros dende a actual capital egipcia— atópanse nese curto espacio. A única inexactitude atópase no feito de que, aínda que algunha delas é do tempo de Xosé, a maioría son anteriores, e que ningunha foi erguida polo patriarca nin tampouco o forom para utilización indicada. A crencia, non obstante, aparece recollida tamén na «Historia monachorum in Aegypto» escrita no ano 394, e posteriormente por San Gregório de Tours (29). [Figs. 11 e 12]
Fig. 11.— Pirámides de Giza, nas inediaçons de El Cairo, contempladas por Egéria, xunto coas outras que se erguen nas ribeiras do Nilo, na súa viaxe de ida e volta a Tebas, que ela creu construídas polo patriarca Xosé para armacenar o gran destinado aliviar os anos de penúria.
Fig. 12.— Solpor en Giza. A Esfinge en primeiro termo; detrás as pirámides de Kefrem e Micerino.
Babilónia encóntrase no barrio Copto do Cairo. A planta baixa das súas defesas está agora asolagada, e hai que percorrelas, non sen risco, sobre pontóns. Nela consérvase a que a tradición considera que foi a residéncia da Sagrada Família no Exipto. Sorpréndenos que Egéria non a teñha visitado. [Fig. 13] Quizais a informacións de Pedro Diácono situando outra residéncia en Menfis se deba a un erro, e en realidade sexa a da cripta da igrexa de Abu Serga á que trataba de se referir..
Fig. 13.— Cripta da Igrexa de Abu Serga —San Xorxe—, dentro dos muros da Babilónia cairota. Esta construcción existia xá nos tempos de Egéria. A tradición sitúa no seu interior a morada da Sagrada Família durante a súa permanéncia no Exipto. Actualmente está invadida pola filtración das áuguas do Nilo.
«Heliópolis dista de Babilónia doce millas. No medio desta cidade hái um campo imenso, no cal se atopa o templo do Sol, así como a casa de Petefre; e entre esta e o templo, a casa de Asennet. Mais o muro interior da cidade é máis antigo, e tanto o templo como as casas de Asennet e Petefre son de pedra. AIi vese tamén o xardín do Sol, e nel umha colunna grande, chamada «Bomon», na cal o Fénix acostuma residir cada cinqüenta anos».
Se a cita está tomada de Egéria, coma parece, non podemos menos que queixarnos polo dano que, para o coñecimento da história exípcia, representa a perda da maior parte do «ltinerário». Porque esta información resulta de enorme interese, Petefre e Asennet, son nada menos, que Potifera e Asenat, sogro e esposa de Xosé, respectivamente. Potifera —«dom de Ra»— era sacerdote do deus do sol na cidade de Om. Esta é a denominación bíblica que os gregos traducíron por Heliópolis (30), ou Cidade do Sol.
Heliópolis atópase nas inmediacións do Aeroporto do Cairo. Nela foi sacerdote o sogro do patriarca Xosé. Mas, alá da súa pasada grandeza, dela non resta máis que un obelisco de 21 metros de altura de Sesostris l. Outros dous, denominados Agulhas de Cleopatra, originariamente pertencentes tamén a ela, atópanse agora em Londres e Nova lorque respectivamente. Algún deles podería ter sido ese «Bomon» ao que acudia puntualmente o Ave Fénix ao rexurgir das súas cinzas, cada cinqüenta anos.
Coma remate, repetimos as derradeiras palabras de Pedro Diácono:
«Ainda que o Exipto é fertilísimo, os lugares que posuíron os fillos de Israel son os mellores [Fig. 14]. A parte de Arábia que confina con Palestina ten camiños inacessíbles; porque nas quince xornadas que ten de camino non se encontra augua en ningures».
Fig. 14.— A úbeda paisaxe das terras do Delta, onde viviron os israelitas. Despois de percorrer o árido Sinai, Egéria escribiria sobre elas, entusiasmada: «Penso que en ningunha parte vin país máis fermoso que a terra de Gessem» (9.4).
A primeira frase parece indicar que a viaxe de Egéria debeu discorrer sempre —ou case que sempre— polas beiras do Nilo. Exipto, ermo e desértico nun noventa e cinco por cento do seu território, é fértil só na breve banda das marxés do rio, o cual non parece suficiente para justificar esta eufórica afirmación.
Chegados aqui, e perfeitamente documentada xá Egéria a respeito das particularidades da vida monacal e os santos lugares exípcios, deixámola xá no difícil camiño sen auga que, dende Pelúsio, conduce a Xerusalénm.
Mais se alguén se sinte interesado en saber o que lle aconteceu despois, de entre a bibliografia que temos utilizado, recomendámoslhe como a máis axeitada para coñecelo directamente, as obras de Pierre Maraval e Agustín Arce. A deste contén, ademais, os textos latinos de San Valério, Pedro Diácono e o «ltinerarium Burdigalense anni 333», así coma o texto grego da correspondéncia entre Xesús de Nazaret e o rei Adgar, que Egéria tivo ocasión de ler.
Pensamos que paga ben a pena.
Vigo, Setembro -Natal, 1989
(Publicado no número 21 da revista Agália, en 1990)
—————————— NOTAS ——————————
(1) Egéria, 17, I: «Item in nomine Dei, transacto aliquanto tempore, cum iam tres anni pleni essent, a quo Ierusolimam uenissem, uisis etiam omnibus locis sanctis, ad quos orationis gratia me tenderam, et ideo iam reuertendi ad patriam animus esset»... Vide (9) e (10). (2) Itinerario de la Virgen Egeria, Agustín Arce, Biblioteca de Autores Cristianos, Madrid, 1980, páxs. 54 e 58. Journal de Voyage et Lettre sur la bienhereuse Égérie, Pierre Maraval e Manuel C. Díaz y Díaz, Les Éditions du Cerf, Paris, 1982, páxs. 27 a 38. La Galicia Romana, Casimiro Torres Rodríguez, Fundación «Barrié de la Maza», Corunha, 1982, páx. 265. La Iglesia en la España Romana y Visigoda, Ricardo García Villoslada, Biblioteca de Autores Cristianos, Madrid, 1979, páx. 370. Mon pèrelinage en Terre Sainte, Edición Hélène Pétré e I. H. Dalmais, Vienne, 1977, páx. 7. (3) Itinerario de la Virgen Egeria, o. c., páx. 21. (4) Paulo Orosio, su vida y sus obras, Casimiro Torres Rodríguez, Fundación «Barrié de la Maza», Santiago, 1985, páx. 35. Le Storie contro i Pagani, Adolf Lippold, Arnoldo Mondadori editore, 1976, páx. XXI. Gran Enciclopedia Gallega, Silverio Cañada editor, Vitoria, 1975, tomo 3, páx. 27. España Sagrada, Henrique Flórez, Fortanet, Madrid MDCCCCVI, tomo XV, páx.. 308 e 338. (5) Egeria, monxa galega do século IV, Casimiro Torres Rodríguez, Ediciones Galicia, Buenos Aires, 1976, páxs. 26 e 27. España..., o. c., Impr. José Rodríguez, Madrid, 1859, tomo IV. Cronicon de Idacio, páx. 351: «Hieronymus Presbyterio praeditus in Bethleem Judae vicinia consistens, praecipuus habetur in cunctis». (6) Egeria, 23, 8: «et reuertendi denuo Constantinopolim». (7) Egeria, 23, 7: «et faciens iter iam notum per singulas prouincias; quas eundo transiveran»... (8) Egeria, 22, 1: «ubi quidem Tharso et eundo Ierusolimam iam fueram». (9) Journal..., o.c., páx. 197. (10) Journal... o.c. páxs. 120 e 121. (11) Carta de San Valério. Itinerario de la Virgen Egeria, o.c., páxs. 4 a 17. Journal..., o.c., pág. 321 a 349. España Sagrada, o.c., tomo XVI, páxs. 366-370. A primeira edición da mesma foi feita por Francisco Xavier Manuel de la Huerta y Vega en 1736, en Anales de el reyno de Galicia, 148 anos antes de que G. F. Gamurrini realizase en Arezzo o providencial achádego do Itinerario. (12) Itinerario de la virgen..., o. c., páxs. 18 a 22. Egeria monxa, o.c, pág. 11. De Santa Silvia a Egeria, Vicente Almazán, Grial 94, Galaxia, Vigo, 1986, páxs. 400-401. Journal..., o.c., páx. 15-27. Mon pèlerinage..., o.c., páxs. 8-9. La Galicia Romana o.c., páxs. 263-264. Historia de la Iglesia en España, o.c. páx. 367. Peregrinación de Egeria, Víctor J. Herrero Llorente, Aguilar, Madrid, 1963, páxs. 9-13. Foi Marius Férotin, em 1903, quen determinou a autoria do controvertido Itinerario. (13) Que o Padre Henrique Flórez, na páxina 361 do tomo XV da sua España Sagrada, determinase a galeguidade de Egéria em 1759, 125 anos antes de que se descobrise a existência da súa obra, pode considerarse coma unha curiosidade científica. (14) Itinerario de la Virgen Egeria, o.c., páxs. 78-84. Journal..., o.c., páx. 56-104. (15) Chamada Gogém na Biblia: Génesis 45, 10. (16) Journal..., o.c., páx. 150-165. (17) «Lendo, pois, con grande debezo os libros do Antigo e o Novo Testamentos e canto atopou escrito sobre os lugares santos máis sinalados nas diversas partes do mundo...». Entre tales escritos, cabe a posibilidade de que tivese utilizado as obras de Eusebio de Cesarea: Onomasticon, Historia Eclesiastica e Vita Constantini, acabadas medio século antes. Desta última pode proceder o coñecimento que Egéria amosa sobre os santuários e a liturgia de Xerusalén. Outras obras que puido ter consultado son o Itinerarium Burdigalense —notas dunha peregrinaxe a Xerusalén no ano 333—, as Catecheses de Cirilo de Xeusalén e a Vida de San António, o máis coñecido dos anacoretas do Exipto. (18) Journal..., o.c., páx. 39. (19) Egeria, 7, 1. (20) Egeria, 9, 1-2. (21) Egeria, 9, 6. (22) Itinerario de la Virgen Egeria, o.c., páx. 144. (23) Journal..., o.c., páxs. 34 e 86. (24) Itinerario de la Virgen Egeria, o.c., páx. 80. (25) Journal..., o.c., páxs. 80-86. Itinerario de la Virgen Egeria, o.c., páxs. 146-165. (26) Egeria, 8,3. (27) A palabra «copto» procede de «aigupttos», nome co qe os gregos designaban aos exípcios. Posteriormente pasou a denominar exclusivamente aos cristiáns exípcios e, por extensión, à súa arte e à súa cultura. (28) Egeria, 7 e seguintes. (29) Journal..., o.c., páx. 84. (30) A Biblia, Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos, Sept., Vigo, 1989, páxs. 48, 53 e 1.215.
————— OUTRA BIBLIOGRAFIA CONSULTADA —————
ATLAS DE HISTORIA ANTIGUA. F. Beltrán Lloris e F. Marco Simón, Libros Pórtico, Zaragoza, 1987.
ATLAS DE HISTORIA MEDIEVAL. Salvador Claramunt, Manuel Riu, Cristóbal Torres e Cristofol Trepat, Aymá, S.A., Barcelona, 1980
BIBLIOCAL HOLY PLACES AN ILUSTRATED GUIDE. Riuka Gonen, Palphot Publication, Jerusalém, 1987.
¿COMO ERA TIERRA SANTA HACE 1.600 AÑOS? APASIONANTE DIARIO DE UNA ESPAÑOLA. Juan M. Calvo Roy, Tierra Santa, 59, Jerusalém, 1984.
EGERIA CON LOS MONJES DE SU TIEMPO. Agustín Arce, Tierra Santa nº 53, Jerusalém, 1978.
EGIPTO. Hisham Youssef e John Rodenbeck. El País-Aguilar, Madrid, 1988.
EGIPTO. Atlas culturales del mundo, John Baines e Jaromir Málex, Círculo de Lectores, Barcelona, 1988.
EGIPTO, TRAS LAS HUELLAS DE LOS FARAONES. Jean Vercoutter, Aguilar Universal, Madrid, 1989.
EGYPTE. Hachette Guides Bleus, Paris, 1986.
EL NOMBRE Y LA PATRIA DE LA VIRGEN EGERIA, LA FECHA Y EL MANUSCRITO DE SU «ITINERARIO». Agustín Arce, Tierra Santa nº 51, Jerusalém, 1976.
ENCICLOPEDIA DE LA BIBLIA. Editorial Verbo Divino-Ediciones Paulinas, Madrid, 1983.
EN EL XVI CENTENARIO DEL VIAJE DE EGERIA. Braulio Manzano, Tierra Santa nº 59, Jerusalém, 1984.
GUIA DE LA BIBLIA. Isaac Asimov, Aldafil-Laia, Barcelona, 1985.
HISTORIA DE LA IGLESIA CATÓLICA. Edad Antigua, Bernardino Llorca, R. García Villoslada e F. J. Montalbán, Biblioteca de Autores Cristianos, Madrid MCMLXIV.
HISTORIA DEL MUNDO EN LA EDAD MEDIA. Cambrigde Universtiy Press-Sopena, Barcelona, 1978.
HISTORIA UNIVERSAL. Carl Grimberg e Ragnar Svanström, Barcelona, 1982.
LAS PEREGRINACIONES DE GALICIA A TIERRA SANTA EN EL SIGLO V. Casimiro Torres Rodríguez, Cuadernos de Estudios Gallegos XXXII, Santiago de Compostela, MCMLV.
LOS EVANGELIOS GNÓSTICOS. Elaine Pagels, Edit. Crítica, Barcelona, 1987.
LUXOR. Giovanna Magi, Editoriales Bonechi, Firenze, 1988.
MAP OF EGYPT. MacMillan Publishers Ltda., 1988.
POLOS CAMIÑOS DA GALEGA EGERIA NO SINAI. Julio César Trebolle Barrera, Grial nº 45, Vigo, 1974.
TEBAS. Ediciones Orbis-Montena-Mondibérica, Toledo, 1985.














Comentarios
Publicar un comentario