AS EXCITANTES ACHEGAS DE DARWIN
/
Nós non o sabemos, mais elas si.
As pedras sábeno,
e lémbranno.
Xurdíu un fulgor líquido,
e esparexeu a súa luz,
esplendor de vida e de morte.
Estes versos de Nicolai K. Roerik (1874-1947), teósofo, filósofo, pintor, arqueólogo, tremoieiro, pai da tibetoloxía, tres veces nominado para o Nobel da Paz, ademais de moitas outras cousas, vannos servir para enfiar un breve comentario acerca da personalidade de Charles Robert Darwin (1809-1882), o biólogo que revolucionou a Ciencia.
Nado hai agora arredor de douscentos anos, Charles Darwin, tamén teólogo, sendo aínda moi novo participou coma naturalista na expedición científica do navío Beagle, que deu a volta ao mundo no período 1831-1836. Nese tempo foi axuntando unha enorme cantidade de datos e observacións que lle permitiron, despois de vinte anos de traballo, elaborar a teoría á que máis arriba aludímos. E en 1859, é dicir, cumpliranse neste ano 150, publicou a súa grande obra: A orixe das especies por medio da selección natural. Traballo de importancia capital que, coma acontece na maioría dos
mesmos , está a ser neste intre obxecto de numerosas e especiais reedicións. Sen fuxir da sensación nin da polémica que causou canto nel razoaba, Darwin complementouno en 1871 con A orixe do home, no que afonda na súa teoría.
Despois de canto se escribiu e discutiu arredor dela no tempo que a seguíu, en pleno século XXI existen aínda numerosos investigadores, favorables uns e detractores outros, no que respecta a este científico británico, a pesar de contarse agora con datos procedentes doutros estudos, como as mutacións e os achados da xenética, que reforzan aquela teoría, pero que eran absolutamente descoñecidos no século XIX, o que nos dá unha idea sequera aproximada da capacidade intelectual de Darwin.
Ignoramos se Nicolai K. Roerik pretendía defender a súa causa co poema co que encabezamos o comentario. Tal vez o pretendera, ou quizais non pasara dunha simple elucubración pola súa banda canto acerca del semella expresar. Mais, á luz da razón, parécenos que o que este Darwin que agora conmemoramos defendeu non vai en contra de ningunha relixión, en contra a Biblia ou en contra tampouco de calquera outro libro "sagrado", nin contra a Creación. Agora ben; se algún docto teólogo considera que erramos con semellante aprecación, recolleremos prudentemente as velas, aínda que non sen dicir antes que hai moitos anos que somos admiradores deste pacente científico.
(Publicado en 2009, no número 161 da Revista Encrucillada).

Comentarios
Publicar un comentario